Slide background
Slide background
Slide background
Slide background
Slide background

O Fiadeiro desenvolve a súa actividade en dous eidos relacionados entre eles. Por un lado a formación de nenos e adultos que queren aprender aqueles coñecementos que antano, non hai moito, se transmitían de xeración en xeración. E por outro lado, a representación desa cultura case esquecida dun xeito artístico unhas veces, e outras, dun xeito máis fiel á realidade. Da primeira parte encárgase a Escola, e desta segunda a Agrupación, organizada en catro áreas de traballo:

  • Área Artística:

    É a encargada de concibir e elaborar propostas musicais e escénicas coas músicas, textos, danzas e imaxes recollidas pola Asociación, buscando que non só teñan unha recoñecida calidade estética senón tamén a capacidade de, canto menos, manter vivas as nosas tradicións.

    Na planificación dos espectáculos poden darse dúas orientacións: unhas veces unha maior fidelidade ao materiais recollidos para que o coñecemento se transmita sen transformación, e outras crear un espectáculo de gran calidade artística.

    Esta Área organízase en cinco grupos:

  • Área de Recuperación:

    O Fiadeiro basea todo o seu traballo na recompilación e estudo da información contada por aquelas persoas que coñecían a nosa cultura tradicional antes de que comezase a esmorecer. A área encargada de facelo é a Área de Recuperación que define o seu traballo en dous grupos:

    • Grupo de Recollidas e Traballo de Campo, que é o que fai ese traballo de acudir ás e aos informantes, para escoitar as súas lembranzas, aprender delas e gardalas para logo representalas polos grupos da Área Artística e ensinalas na escola. Esta área leva moitos anos aplicando unha metodoloxía no traballo de campo que permite unha grande seguridade na fidelidade da información recollida.
    • Grupo de Arquivo e Análise. Este grupo fai o traballo bibliotecario, tan importante como o de Recollida, de gardar e conservar nos formatos adecuados a información compilada polo grupo anterior. Nesta área, o material analízase e sintetízase, e, aplicando diferentes ideas, argumentos, capacidades e motivacións, faise o estudo da información. Hai anos os formatos eran analóxicos, como cintas VHS ou cintas de datos, pero agora coa revolución dixital, úsanse os formatos máis modernos, como o arquivado na nube ou almacenamento en discos duros ou DVD.

    En calquera caso, esta área, como unha das máis importantes de O Fiadeiro, está aberta a todo socio disposto a colaborar nas recollidas ou na conservación.

  • Área de Vestiario: formada por un único grupo de traballo, que ten coma misións a de recoller e documentar o vestiario e os complementos que o acompañan, dos diferentes lugares de Galicia, e a de recuperar e elaborar o máis fielmente posible esas roupas para os Espectáculos dos Grupos da Área artística.

  • Área de Comunicación: organizada nun equipo de traballo, que é o Equipo de traballo Web. É o encargado da actualización continuada do espazo web e do traballo de community manager (xestores de comunidade virtual), proporcionando contidos aos diferentes medios sociais como Twitter, Facebook ou YouTube e elaborando eventos cos que dinamizalos. Tamén é o encargado da comunicación da Agrupación en publicacións concretas e divulgacións de actividades e actos nos medios de comunicación con máis presenza na Provincia ou na Comunidade, posto que na actualidade este tipo de labor, practicamente, xa só se fai de xeito online.