Prezo socios: 10,00

Prezo non socios: 12,00

Edición limitada de 150 unidades

Audio: De oficios e labores Vol.1 – O Fiadeiro

Data de publicación: 2015

“Mestura de tradición e actualidade…”

Con este traballo preténdese dar información sobre o espectáculo musical e de baile levado a cabo pola A.C.F. O Fiadeiro, na súa VII Gala, titulada “De Oficios e Labores”.

A publicación “De oficios e labores”, plantexada en dous volumes, trata de ser unha edición exclusiva, apta para todo tipo de públicos, en especial para os amantes da música tradicional. Neste primeiro volume, preséntase un pequeno libro de 28 páxinas, no que se referencian e se ilustran, de forma moi didáctica, diversos oficios e labores coa súa correspondente gravación, a cargo do grupo de música de O Fiadeiro, no seu espectáculo homónimo. Labor de nai, oficio de mineiro, oficio de pedreiro e oficio de músico son os mencionados neste primeiro volume.

As melodías están recollidas nun Pen drive, ou chaveiro USB, incluído na publicación. Por este motivo podemos dicir que se trata dunha publicación onde tradición e actualidade, van da man.

A temática elixida para dar forma a esta publicación, funciona de fío condutor da VII gala, aportando certo significado aos bailes e cantos presentes na mesma. En relación aos últimos, son o eixe principal sobre o que se moven as escenas que se mostran no espectáculo. Cada un deles, pertence a un tipo de repertorio concreto relacionado directamente cos oficios e labores que se mostran.

Actualmente, O Fiadeiro está traballando na continuidade desta serie de publicacións, que pouco a pouco vai ir presentándonos para que poidamos completar a nosa propia colección. As temáticas serán diversas e, co paso do tempo, poderemos ter na nosa casa unha pequena biblioteca de folclore.

Comeza, por tanto, unha serie de publicacións a cargo do grupo artístico de O Fiadeiro, na que crea unha “tradición USB”. Quen sabe que virá despois? A porta está aberta…

Prezo socios: 10,00

Prezo non socios: 12,00

Edición limitada de 150 unidades