« « « Home
Cargando » » »

Agrupación O Fiadeiro no programa Luar da RTVG

27Xan10

O grupo de baile O Fiadeiro participará no programa Luar da RTVG o próximo venres 29 de xaneiro do 2010

O programa comeza ás 21.30 e a intervención será durante o mesmo.

VIII Xornadas de Portas Abertas

24Set09

Programa Xornadas 09

 


A Asociación Cultural e Folclórica convida a toda a cidadanía a practicar as diferentes disciplinas de música, baile e artesanía tradicionais. Será o vindeiro sábado e domingo con motivo da celebración das VIII Xornadas de Portas Abertas

 

A A.C.F. O Fiadeiro celebrará esta fin de semana as VIII Xornadas de Portas Abertas. Durante o sábado e o domingo O Fiadeiro convida a todas as persoas a achegarse e practicar as diferentes disciplinas tradicionais que a asociación recupera e pon en valor desde fai máis de 10 anos.

 

Os obradoiros son completamente gratuítos, dunha hora de duración e dirixidos por recoñecidos mestres das artes tradicionais como Francisco Sieira (baile), Alberto Miranda (gaita) Sandra Diéguez (pandeireta) e Begoña Martínez (Costura e pasamanerías), entre outros.

 

Durantes dous días os participantes terán a oportunidade de dar os seus primeiros pasos de baile, coñecer as improvisacións tan características dos seráns ou coñecer diferentes estilos de muiñeiras e xotas. Na área musical haberá obradoiros de gaita, acordeón, guitarra, violín folk, requinta, guitarra folk, canto e percusión. Un obradoiro específico estará adicado ás novas xeracións de bailadores, será o domingo pola tarde de 16.00 a 18.00 cando terá lugar o obradoiro tradicional para nen@s. Obradoiros de costura e pasamanerías, debuxo e pintura, coiro e manualidades para nenos completan a oferta das xornadas para esta fin de semana.

 

As persoas interesadas poden inscribirse chamando aos tfnos. 986 253 585  - 629 585 355, enviar un e-mail a ofiadeiro@ofiadeiro.com ou achegarse directamente polo local social antes da celebración de cada obradoiro, ubicado na rúa Xesús Fernández nº3 baixo (no Calvario). Todos as actividades son gratuítas e as prazas limitadas.

Gala VII “Esta noite hai unha fia” en Valga

18Set09

O sábado 19 de Setembro estrenamos a VII edición da nosa gala “Esta noite hai unha fía”, nesta ocasión facemos una mostra dos oficios e labores dos nosos antepasados a través do baile e a música. A gala pertence o ciclo de concertos e espectáculos Vai de Camiño.

Agardámosvos no Auditorio Municipal de Valga ás 21.00 horas!
cartelgala7

Festa fin de curso e serán 09

23Xuñ09

baner-seran.png

Coma tódolos anos na A.C.F O Fiadeiro celebramos o peche do curso escolar cunha gran festa na que tódolos alumnos da escola suben o esceario para demostrar o aprendido durante todo o ano.

A continuación celebrarase a 10ª edición do noso Serán Tradicional.

Como de costume, será na Asociación De Veciños de Cabral.

Máis información

Novas na sección multimedia

23Mai09
  • Ensaio xeral do grupo de baile O Fiadeiro coa orquestra Sondeseu no Palacio de Congresos de Pontevedra para o programa especial de nadal da TVG (2008).
  • Actuación da escola de pandeireta da ACF O Fiadeiro no X Concurso de música tradicional da asociación xuvenil Xiradela 2009.

Novas na galería

23Mai09

Podedes disfrutar de novas fotos na galería.

  • Alumnos da escola de pandeireta de O Fiadeiro no X Concurso de música de Xiradela (19/04/09)

Novo curso de pintura para nenos

14Abr09

Día:Martes

Hora: 18.30-20.00

Número de prazas:10

Interesados poñerse en contacto.

Máis información na sección da páxina web “escola 08/09″

Novo curso de Danzas do Mundo

13Abr09

Día:Mércores

Hora: 18.30-20.00

Número de prazas:10

Interesados poñerse en contacto.

Máis información na sección da páxina web “escola 08/09″

Novo curso de guitarra polas mañás

17Mar09

Día: Luns

Hora: 12.00-13.00

Número de prazas: 6

Interesados poñerse en contacto.

Máis información na sección da páxina web “escola 08/09″

Novo turno de baile tradicional adultos

02Feb09

O novo turno de baile tradicional para adultos comezará o xoves 5 de febreiro ás 19.00h.

A inscrición está aberta.

Número de prazas limitadas:10

Interesados poñerse en contacto.

Máis información na sección da páxina web “escola 08/09″


 

About

A.C.F O Fiadeiro: Dende 1991 recompilando e recuperando a cultura galega.