« « « Home
Cargando » » »

Archivo de la Categoría 'Xeral'

Agrupación O Fiadeiro no programa Luar da RTVG

27Xan10

O grupo de baile O Fiadeiro participará no programa Luar da RTVG o próximo venres 29 de xaneiro do 2010
O programa comeza ás 21.30 e a intervención será durante o mesmo.

VIII Xornadas de Portas Abertas

24Set09

Programa Xornadas 09
 

A Asociación Cultural e Folclórica convida a toda a cidadanía a practicar as diferentes disciplinas de música, baile e artesanía tradicionais. Será o vindeiro sábado e domingo con motivo da celebración das VIII Xornadas de Portas Abertas
 
A A.C.F. O Fiadeiro celebrará esta fin de semana as VIII Xornadas de Portas […]

Gala VII “Esta noite hai unha fia” en Valga

18Set09

O sábado 19 de Setembro estrenamos a VII edición da nosa gala “Esta noite hai unha fía”, nesta ocasión facemos una mostra dos oficios e labores dos nosos antepasados a través do baile e a música. A gala pertence o ciclo de concertos e espectáculos Vai de Camiño.
Agardámosvos no Auditorio Municipal de Valga ás 21.00 horas!

Festa fin de curso e serán 09

23Xuñ09

Coma tódolos anos na A.C.F O Fiadeiro celebramos o peche do curso escolar cunha gran festa na que tódolos alumnos da escola suben o esceario para demostrar o aprendido durante todo o ano.
A continuación celebrarase a 10ª edición do noso Serán Tradicional.
Como de costume, será na Asociación De Veciños de Cabral.
Máis información

Novas na sección multimedia

23Mai09

Ensaio xeral do grupo de baile O Fiadeiro coa orquestra Sondeseu no Palacio de Congresos de Pontevedra para o programa especial de nadal da TVG (2008).
Actuación da escola de pandeireta da ACF O Fiadeiro no X Concurso de música tradicional da asociación xuvenil Xiradela 2009.

Novas na galería

23Mai09

Podedes disfrutar de novas fotos na galería.

Alumnos da escola de pandeireta de O Fiadeiro no X Concurso de música de Xiradela (19/04/09)

Novo curso de pintura para nenos

14Abr09

Día:Martes
Hora: 18.30-20.00
Número de prazas:10
Interesados poñerse en contacto.
Máis información na sección da páxina web “escola 08/09″

Novo curso de Danzas do Mundo

13Abr09

Día:Mércores
Hora: 18.30-20.00
Número de prazas:10
Interesados poñerse en contacto.
Máis información na sección da páxina web “escola 08/09″

Novo curso de guitarra polas mañás

17Mar09

Día: Luns
Hora: 12.00-13.00
Número de prazas: 6
Interesados poñerse en contacto.
Máis información na sección da páxina web “escola 08/09″

Novo turno de baile tradicional adultos

02Feb09

O novo turno de baile tradicional para adultos comezará o xoves 5 de febreiro ás 19.00h.
A inscrición está aberta.
Número de prazas limitadas:10
Interesados poñerse en contacto.
Máis información na sección da páxina web “escola 08/09″