Matrícula e Tarifas

BASES PARA A MATRICULACIÓN NOS CURSOS DA ESCOLA

ANEXO I

CONDICIÓNS ECONÓMICAS
Facerse socio:
  • Cota de socio: 9.00 euros trimestrais, 18,00 euros semestrais ou 36,00 euros anuais (a elexir).
  • Matrícula: 10.00 euros (quedarán exentos da mesma aqueles alumnos que cursaron o ano anterior e non se deron de baixa como socios e alumnos en todo o ano).
  • Cota mensual por asistencia a unha actividade: Especificada no Anexo II
Descontos
  • Por anotarse nunha segunda actividade ou sucesivas se realizará un desconto de 5,00 euros, exceptuando as actividades de baile e pandeireta que xa teñen o desconto incluído.
Descontos para unidades familiares (con fillos menores de idade):
  • No itinerario libre se descontará 3,00 euros por neno e actividade
  • No itinerario “O Fiadeiro” os prezos en iniciación serán de 30,00 euros por neno e no de perfeccionamento 43,00 euros por neno.
ABONO DAS COTAS:

As cotas mensuais pagaranse a inicio de cada mes a través do seu banco sen cargo adicional por gastos de domiciliación.
FORMA DE MATRICULACIÓN: No local social os luns, martes, xoves e venres de 10.30h a 14.00h e de 17.00 a 21.00, mércores de 17.00 a 21.00, vía internet ou vía telefónica.

NOTA:
  1. No caso de desexar darse de baixa dalgunha actividade antes de rematar o curso, deberá comunicalo cun mes de anticipación, de non facelo así estará obrigado a abonar a cota do mes seguinte o da baixa, aínda que non asista a actividade.
  2. Darse de baixa como alumno non implica a baixa de socio, para darse de baixa de socio tamén terá que especificalo.
  3. Non serán aceptadas baixas intermitentes. Se o/a alumno/a falta a algunha clase será baixo a sua responsabilidade. Do mesmo xeito, de non asistir en periodos superiores, estes deberán de ser abonados igualmente para conservar a praza e o dereito de reincorporación posterior dentro do ano escolar.
  4. As actividades comezarán o 1 de outubro de 2008 e rematarán o 30 de Xuño de 2009.
  5. As clases cubriranse por rigurosa orde de inscrición.

Descontos aplicables dentro da unidade familiar establecida por un titor e os seus vástagos menores de idade, esto é tódol@s soci@s beneficiarios dunha cota única de participación serán tratad@s como un@ sol@ indivídu@. A cuota de soci@ será abonada por tódolos individu@s maiores de 18 anos.

 ANEXO II

ACTIVIDADES OFERTADAS E COTAS
AREA MOVEMENTO
Actividade duración prezo
Ximnasia de Mantemento 60 minutos á semana 20.00 €
Ritmos latinos 60 minutos á semana 20.00 €
Baile TradicionaL 60 minutos á semana 15.00 €
Baile Moderno 60 minutos á semana 20.00 €
Danzas do mundo 60 minutos á semana 20.00 €
Música e movemento 60 minutos á semana 20,00 €

 

 

Área Música
Actividade Duración prezo
Canto e Pandeireta 60 minutos á semana 15.00 €
Percusión Tradicional 60 minutos á semana 20.00 €
Acordeón 60 minutos á semana 20.00 €
Guitarra 60 minutos á semana 20.00 €
Gaita 60 minutos á semana 20.00 €
Linguaxe Musical 60 minutos á semana 20.00 €
Percusión (Djembe/Caixón flamenco/Congas/Darbuca) 90 minutos á semana 25.00 €
Violín folk 60 minutos á semana 20.00 €
Requinta 60 minutos á semana 20.00 €
Zanfona 60 minutos á semana 20.00 €
Guitarra folk/Bouzouki 60 minutos á semana 20.00 €

 

 

Área Artesanía
Actividade duración prezo
Costura / Pasamanerías 120 minutos á semana 30.00 €
Manualidades para nen@s 60 minutos á semana 20.00 €
Repuxado Coiro 120 minutos á semana 30.00 €
Debuxo / Pintura 90 minutos á semana 25.00 €