Prezo socios:

Prezo non socios:

Concurso de Postais de Nadal 2016 O Fiadeiro

Data de publicación: 2016

Concurso postais de Nadal 2016

  1. Participantes:

    Poderán participar no concurso todos aqueles/as socios/as de idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos.

  2. Tema:

    Deberá facerse alusión ao Nadal e á temática tradicional, valorándose a capacidade creativa e a orixinalidade.

  3. Formato:

    O formato da tarxeta será de 10 x 21cm e poderá realizarse tanto en sentido vertical coma en horizontal. O soporte material será papel ou cartafol fino. A técnica será libre e poderán utilizarse todas as cores.

  4. Presentación:

    Presentarase unha soa tarxeta por persoa. Na tarxeta non poderá constar firma algunha e no dorso da mesma figurará:

    • Nome e Apelidos do/a participante
    • Idade
    • Teléfono

    As tarxetas serán entregadas na oficina da ACF O Fiadeiro (R/ Xesús Fernández Nº3) ata o día 30 de novembro de 2016.

  5. Premios:

    O premio constará na publicación en forma de felicitación de Nadal do traballo presentado e un lote de productos da ACF O Fiadeiro.
    Todas as tarxetas serán expostas no taboleiro da asociación.

  6. Xurado:

    O xurado estará formado polos cinco directores de ACF O Fiadeiro.

  7. Entrega de premios

    A entrega dos premios terá lugar o día 3 de decembro de 2016 na AAVV Santa Mariña de Cabral ás 20:30h, coincidindo coa celebración do noso tradicional serán.

  8. Aceptacións das bases:

    A participación neste concurso supón a aceptación total das bases.

Prezo socios:

Prezo non socios:

Monográfico sobre o “MANEO”

Data de publicación: 2016

O maneo é unha das variantes máis comúns da jota na comarca de Bergantiños. Cando na copla (punto), ten un toque diferenciado e característico o do resto das jotas de toda a xeografía galega. Tamén se extende, en menor medida a zona de Ordes (Tordoia e Trazo).

A música sempre é interpretada por pandeiretas.

Destaca, tamén, na realización dos puntos, xa que, adoitan facerse cuns adiante/atrás arrastrados, con pausa e elegancia. Na súa forma máis común, o maneo faise en 2 filas, unha de homes e outra de mulleres, aínda que existen variantes no posicionamento do baile nalgunhas zonas.

Neste curso aprenderemos a:

  • Aprendizaxe de movementos no ritmo.
  • Diferenciación dos puntos segundo a zona á que pertenzan:
    • Erbecedo(Coristanco)
    • Limiñoa(Ponteceso)
    • Imende(Carballo)
    • Anxeríz(Tordoia)
  • Realización dunha estructura completa dun baile.

Os interesados poden poñerse en contacto no correo electrónico ofiadeiro@ofiadeiro.com ou chamade ó 629585355/986253585.

30605_388476963692_5722034_n

Uns poucos datos do Mestre, Javi Pose:

Empezou a bailar alá polo ano 1993 na Escola Municipal de Danza de Vigo con Wenceslao Cabezas (Polo), da que deu o salto á ACF O Fiadeiro, de Vigo 8 anos despois baixo a dirección de Francisco Javier Feijoó (Chisco), e anos máis tarde no grupo “A Buxaina” de Coruxo.
Actualmente é membro da formación titular de baile da “A.C. Xacarandaina” de A Coruña, e participa activamente no espectáculo “O Poder do Arcabuz”, xunto a compañía “Quique Peón Cia”.
En 2012 decide dedicarse por completo á docencia do baile tradicional, na «ACF O Fiadeiro”, impartindo iniciación ao baile tradicional a nenos e adultos. Pouco tempo despois, en xuño de 2013, incorpórase como monitor de baile na “AAVV Santa Mariña” de Cabral, e como director de baile da “AC Os Muiños” de Oliveira, en Santiago de Oliveira Ponteareas e en 2014 comeza a dirixir a “AC A Vella Barca”, do concello de Arbo e por fin, en 2016, toma a dirección do grupo “Refaixos e Polainas” de Baldráns, parroquia pertencente ó concello de Tui.

Prezo socios:

Prezo non socios:

Serán do Samain no Calvario

Data de publicación: 2016

Para pasar unha tarde “de medo”, o luns 31 de octubro, nada mellor que que “O serán do Samaín” do Calvario! Para ir quentando os corpos abrirán o serán as sete da tarde, ou se queredes ás 19,00, fronte ao Mercado do Calvario, o grupo “Algarabía Flok” que tocan de medo. Despois as sempre animadas “Lagharteiras” que son unhas artistas terroríficas, seguidas da «ACF O Fiadeiro» que somos uns artistas que parecemos de outro mundo. E non sería un serán sen a participación de todos vos! Así que, xa sabedes!: todo o mundo a cantar e bailar, que haberá chocolate para os asistentes!

Prezo socios:

Prezo non socios:

Outono Cultural 2016 en Cabral co Fiadeiro

Data de publicación: 2016

A Asociación de Veciños. Cultural e Deportiva de Cabral convidavos á edición 2016 do Outono Cultural ca actuación da ACF O Fiadeiro, que fará un repaso do seu repertorio artístico.

A ACD Cabral lémbravos que durante todo o Outono Cultural estará aberta a recollida de alimentos non perecedeiros para colaborar co Banco de Alimentos.

Máis información no teléfono 986 250 703, no correo electrónico avvsantamarina@telefonica.net e en www.acabral.com.

AVCD Cabral

Prezo socios:

Prezo non socios:

Concerto Solidario Amigos dos Maiores

Data de publicación: 2016

Ven coñecernos e a gozar das actuaciones da ACF O Fiadeiro e da Unión Musical de Cabral. Coa túa colaboración acadaremos que moitas persoas maiores síentanse acompañadas. Axúdanos a loitar contra a soidade. Agardáamoste!

Prezo das entradas 6 euros, venda anticipada, 8 euros, despacho de billetes.

Puntos de venda:
Amigos dos Maiores. C/ Ferrería 33 Bajo (Casco Vello), de 11.30 a 13.30h
ACF O Fiadeiro. C/ Jesús Fernández, 3 Bajo (Calvario), de 16.00 a 20.30h
Asociación Santa Marina de Cabral. Avda Santa Marina 95, de 17.00 a 20.00h

Tamén podes chamar ao 886 12 71 81 ou ao 698 13 94 83

Prezo socios:

Prezo non socios:

O Fiadeiro no Barco. Danza 3 – No Teatro

Data de publicación: 2016

Actuación da Agrupación O Fiadeiro o próximo Sábado 12 de Novembro, no Barco de Valdeorras, Ourense.

Esta actuacion enmárcase dentro da serie de Espectáculos de Música e Baile Tracicional, Danza 3 – No Teatro, na que O Fiadeiro escenificará a súa VIII Gala ‘Esta noite hai unha fía: nas catro esquinas’. Esta montaxe, xunto as de Xacarandainas e Cantigas e Agarimos, serven de homenaxe a todas as persoas que exerceron e exercen de transmisores e baluartes da danza e a música tradicionais galegas. Con elas, as agrupacións do colectivo XOC –que suman máis de 1.500 socios– están a difundir tamén a petición que lle farán chegar ao Ministerio de Educación e Cultura para conseguir a declaración BIC, paso previo á presentación diante da Unesco da candidatura do ‘Baile e música de Galicia’ a Patrimonio Inmaterial da Humanidade.

O programa de difusión do baile e da música tradicionais Danza 3 regresa á súa cita anual co público galego da man das agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, O Fiadeiro de Vigo e Xacarandaina da Coruña, co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais). En 2016, o programa amplíase de nove a doce actuacións noutros tantos concellos: Arteixo, A Baña, O Barco de Valdeorras, A Cañiza, Castrelo de Miño, Melide, Mondoñedo, Oza-Cesuras, Palas de Rei, Sarria, Valga e Vila de Cruces.

O Fiadeiro xa programou as outras tres representacións en Melide (o pasado 30 de Xullo, na praza do Convento), Castrelo de Miño (o 13 de Agosto, na praza do Parque), e na Praza Maior da Cañiza, o 15 de Agosto.»

Prezo socios:

Prezo non socios:

Novas Aulas no Curso 2016-17

Data de publicación: 2016

Este curso 2016-17, na Escola O Fiadeiro, contamos con novos mestres para as nosas aulas. Sergio Cobos, como mestre das Aulas de Baile Tradicional, Bruno Díaz no Obradoiro Vocal e Roberto Comesaña nas Aulas de Acordeón.

Estes son uns pequenos apuntamentos sobre os seus extensos currículos, a modo de presentación:

SERGIO COBOS está especializado en música e danza tradiconal Galega a través da formación na escola de folcklore Cantigas e Agarimos e en traballo de campo e recollidas etnocoreográficas e etnomusicolóxicas dende o ano 1989.
Adícase a danza tradicional en todas as suas vertentes como creador e intérprete sendo coreógrafo, bailarín, músico e director musical.
Foi fundador e director artístico das compañias Bruma e Trebón (Novas tendencias da danza galega), director musical e intérprete de danza nas compañías Círcio e GS21 asi como intérprete do grupo Violia (música tradicional galega)
É ilustrador de diferentes traballos e actualmente investiga para a creación de unha nomenclatura e simboloxia ad hoc ao baile tradicional galego chamado “cara ós Bailegramas”.
En Portugal está traballando como intérprete na compañia de danza contemporánea Clara Andermatt. Musicalmente dirixe o grupo portugués Aquí Há Baile.

BRUNO DÍAZ é Graduado Superior en Musicoloxía e en Instrumentos da Música Tradicional e Popular Galega, e Máster de Teatro e Artes Escénicas pola Universidade de Vigo.
Ademais doutros colectivos, é director do Coro de Cámara Rías Baixas e foi director do Coro Xove de Vigo. Fixo cursos de dirección coral da man de Basilio Astúlez, Maite Oca, David Azurza, Esteban Urzelai, Carlo Pavese, Marco A. García de Paz e Gabriel Baltés.
A súa experiencia coral en coros como o Collegium Compostelanum, o Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia e o Coro Gaos permítenlle chegar ao eido da dirección despois de traballar con Maximino Zumalave, Fernando L. Briones, Joan Company, Víctor P. Pérez, Tom Koopman ou Lorin Maazel, entre outros.

ROBERTO COMESAÑA é Titulado Superior en Piano Jazz polo Conservatorio Superior de A Coruña, Titulado Profesional en Piano polo Conservatorio Profesional de Vigo e Titulado Profesional en Acordeón polo Conservatorio Profesional de Vigo.
Ten asistido a masterclass de improvisación con Xosé Miguélez, Phil Wilkinson, Steve Brown, Julia Hulsmaan e de acordeón con Victor Prieto, Aníbal Freire o Vladyslav Semionov.
Actualmente cursa o Máster de Performance na ESMAE con Abe Rábade.
Nas categorías “Música Popular” e “Grupos de Música Popular” do Certame Nacional de Acordeón, acadou o 1º premio e na categoría sénior “Variette” o 2º premio.
Como intérprete ten formado parte de diferentes bandas como de The Crass, Noitarega, da banda de Cristina Pato e colaborado con artistas como Leilía, Sonia Lebedynski, Davide Salvado ou Anxo Lorenzo. Foi profesor da Escola de Música e Conservartorio Profesional de Cambados e actualmente tamén imparte aulas na Escola de Música da Asociación Helios de Bembrive e no Centro Creativo Musical de Moaña.

Prezo socios:

Prezo non socios:

Orquestra O Fiadeiro na Foliada do Demo de Pontevedra

Data de publicación: 2016

Chega a XVI edición da Festa do Demo.

Esta festa comezou a celebrarse a mediados do século XX na víspera de la festividade de San Bartolomé cando un veciño desa rúa decidiu disfrazarse de diaño para animar as rúas do Barrio Vello da cidade, e na que que o protagonista é un Demo que foxe do Santo e atormenta a todolos vecinos que atopa no seu camiño.

Este ano, como os outros 16 antes, o Demo sairá dos arcos da igrexa de San Bartolomé, co seu séquito de demos e trasnos, ás 12:30 e ás 20:00 horas asustando aos cidadáns que deberán perseguilo para collelo polo rabo.

Logo, ás 21:00 horas, terá lugar o Concerto de San Bartolomé, na praza na praza de José Martí, pola Banda de Música de Salcedo.

E finalmente ás 21:30 terá lugar, na praza de Curros Enríquez, a Foliada do Demo, na que Os Chichisos e a Orquestra O Fiadeiro, interpretarán a súa música para que todos os presentes bailen e gocen cos ritmos do Demo un ano maís. Esperamos vervos alí a todos!

Prezo socios:

Prezo non socios:

O Fiadeiro no XX Encontro Folclórico Malveiras

Data de publicación: 2016

O próximo 27 de Agosto, ás dez da noite, a Agrupación O Fiadeiro actuará no ENCONTRO FOLCLÓRICO MALVEIRAS, que este ano celebrará a súa edición número 20, na Praza de Galicia de Vilargarcía, onde compartiremos escenario cos grupos TRÉBEDE do Morrazo e os anfitrións, MALVEIRAS de Vilargarcía.

Nesta ocasión O Fiadeiro fará un repaso do seu amplo repertorio musical e de baile, cas pezas máis representativas do seu espectáculo «Baile e Música O Fiadeiro».

Prezo socios:

Prezo non socios:

Colaboración con Sondeseu no Luar Especial Festas do Apóstolo 2016

Data de publicación: 2016

A Orquestra Folk Sondeseu actuará este Luns, 25 de Xullo, no programa especial do Luar co gallo do Día do Apóstolo e como moitas outras veces, O Fiadeiro, por medio da súa Agrupación de Baile Tradicional, con eles, nunha colaboración que xa vai máis aló do artístico. Para O Fiadeiro é unha fachenda bailar con tan grande Orquestra, practicamente única no mundo no seu eido, e todo un luxo e un orgullo para as xentes da nosa terra, Galicia.