Prezo socios:

Prezo non socios:

Concerto e baile tradicional – Agrupación O Fiadeiro

Data de publicación: 2018

Este domingo 30 de decembro, na Praza da Princesa de Vigo e co galo das festas do Nadal, a Agrupación O Fiadeiro vaivos deleitar cas súas músicas e bailes.

Non vos esquenzades… a actuación ten dous pases:

Pase 1: de 19:30 a 20 horas.
Pase 2: de 20:08 a 20:30 horas.

Queremos vervos alí a todos!

Prezo socios:

Prezo non socios:

Nova Tarxeta Agaxallo da Tenda O Fiadeiro

Data de publicación: 2018

Achégase o Nadal e todos como tolos pensando en mercar agasallos… pois se pensades en mercar os vosos agasallos para os vosos pais, nais, parellas, irmás, fillos, amigos… na nosa Tenda O Fiadeiro pois tendes dúas opcións…

  • Si xa sabedes o que queredes… só tendes que vir de visita á nosa tenda, á física na R/Xesús Fernández, 3, baixo en Vigo ou visitar a nosa tenda online en https://www.facebook.com/TendaOFiadeiro/.
  • Si aínda non sabedes o que queredes agasallar… pois xa tendes á vosa disposición as nosas Tarxetas Agasallo.

Que teñades un bo Nadal!!!

Prezo socios:

Prezo non socios:

Lotería de Nadal de O Fiadeiro

Data de publicación: 2018

Como cada ano, xa temos a lotería de Nadal de O Fiadeiro á vosa disposición. Pasade polo noso local na rúa Xesús Fernández 3, baixo de Vigo. Agardamos por vos: non vos esquezades mercala que este ano é da que toca! Logo vos ides arrepentir, avisados estades!

Prezo socios:

Prezo non socios:

A Última Verbena en Coia

Data de publicación: 2018

A fin de semana achégase e tamén a Romaría de San Martín de Coia en Vigo, que contará, o próximo sábado 10, ás 21:00 horas, ca representación do espectáculo de O Fiadeiro, A Última Verbena.

Prezo socios:

Prezo non socios:

Agrupación O Fiadeiro no Luar

Data de publicación: 2018

Este venres, no Luar da TVG, actuación da Agrupación O Fiadeiro, a partires das 22:00 horas da noite. Non o perdades!

Prezo socios:

Prezo non socios:

Curso de Birimbau ou Trompa de Boca por Daniel do Pando

Data de publicación: 2018

O sábado 24 de novembro, na A.C.F. O Fiadeiro, de 16:00 horas a 20:00 horas, curso de Birimbau ou Trompa de Boca por Daniel do Pando.

Prezo socia/o: 25 euros.
Prezo non socia/o: 30 euros.

Inscripcións no 629585355 ou no 986253585, ou en ofiadeiro@ofiadeiro.com.

É un curso presencial, de nivel iniciación, dirixido a alumnado de tódalas idades, e limitado a un máximo de 20 prazas. Ao alumno seralle facilitado un instrumento durante a súa realización. Farase unha visión completa do instrumento, con unha parte teórica e outra práctica nas que afondaremos nos seguintes aspectos:
Teóricos
→ Definición.
→ Clasificación.
→ Orixe e historia.
→ Localización xeográfica e nomenclatura.
→ Elementos constitutivos.
→ Acústica.
→ Afinación.
→ Pautas de selección.
→ Hixiene e conservación.
→ Referencia especial á trompa da Fonsagrada.
Prácticos
→ Agarre e colocación.
→ Técnicas de percusión.
→ Produción dos primeiros sons.
→ Introdución a ritmos básicos.
→ Introdución a unha melodía.
→ Recursos e efectos.
→ Demostración práctica.

O birimbao ou trompa/arpa de boca

Trompa, birimbao ou arpa de boca son algúns dos diversos termos cos que se designa a este instrumento musical.
Formado por unha lingüeta de aceiro fixada a un marco, normalmente de ferro ou aceiro, por medio dunha cuña incrustada nun pequeno furado situado na parte posterior.
Funciona en contacto coa cavidade bucal, que actúa como aparato resoador. Ao pulsar a lingüeta esta vibra producindo unha nota fundamental e unha serie harmónica dando a posibilidade de crear tanto ritmos coma melodías.
Presente en diferentes culturas de todo o mundo, con gran variedade de formas, tamaños, nomes e usos, destaca a súa capacidade de adaptación aos contextos socioculturais, ao tempo e á propia música.
Mantívose vivo dun xeito relevante na zona de A Fonsagrada, onde se conservou de forma tradicional tanto a técnica interpretativa como a construtiva, chegando a ser moi popular o seu uso, normalmente solista.
Sirva este curso para achegarnos a este instrumento co desexo de manter viva unha tradición transmitida de forma oral de xeración en xeración.

Daniel do Pando

O mestre, Daniel do Pando, naceu no lugar de O Pando, un casarío do concello de A Fonsagrada, no seo dunha familia de forte tradición musical.
Aprendeu a tocar a trompa tendo coma mestres e referentes aos tocadores tradicionais deste concello, onde o instrumento conta con un importante arraigamento. Así, colaborou en concertos e gravacións cos músicos Xuacu Amieva, Kepa Junkera, José Manuel Tejedor ou a Orquestra de Jazz de Galicia, entre outros. E na actualidade realiza diversas participacións en televisión, radio ou cine e desenvolve unha importante labor docente e divulgativa na que da a coñecer este instrumento que forma parte da nosa identidade cultural.

Prezo socios:

Prezo non socios:

Serán do Samaín 2018

Data de publicación: 2018

O próximo mércores 31 de outubro a partir das 19.00 terá lugar diante do
mercado do Calvario o Serán do Samaín.

Abrirán o serán os mais pequenos e a continuación haberá varias agrupacións tocando e cantando, así que se formas parte dalgunha agrupación de gaitas ou pandeireta non dubides en vir a participar.

Teremos festa ata ás 23.30, repartiremos chocolate e rosca para todos os asistentes.

Este ano contaremos con «Cuarteto tradicional de Lembrazas Galegas«, «Grupo Pandereteiras Chorouvía da AVCD de Cabral«, «Grupo de gaitas choran as pedras» e as Agrupacións de O Fiadeiro entre outros.

Haberá talleres para nenos organizados por Koremi e Troula durante toda a tarde.

Agradecementos ó Concello de Vigo por confiar un ano mais na Asociación O Fiadeiro para organizar o evento.

Vos esperamos para pasar unha tarde/noite de medo!

Prezo socios:

Prezo non socios:

Novo curso de Conxunto coral

Data de publicación: 2018

Este ano incorporamos á nosa oferta educativa novos cursos, entre eles o de Conxunto Coral, impartido pola mestra de Canto Coral, Bea Freijido.

As clases teñen horario de luns, de 20.30 a 21.30 horas, cun límite de alumnos de entre 8 e 15.

O prezo é de 20 euros ao mes.

CONXUNTO CORAL: Respiración e emisión do aire. Vocalizacións. Técnica vocal. Clasificación das distintas voces. Coidado da voz. Repertorio variado.


BEATRIZ FREIJIDO

Inicia a súa formación musical en 1984 no Conservatorio superior de música de Xenebra (Suiza) e en 1988 a formación instrumental (piano). Dende 1993, continúa os seus estudos musicais no Conservatorio Mayeusis de Vigo.

En 1988 obtén o Título de grao medio de música (actual grao profesional) na especialidade de piano (expedido polo Conservatorio superior de música, Vigo).

En 2012 inicia os estudos superiores na especialidade de Canto, no Conservatorio superior de música de Vigo, con formación en canto, idiomas aplicados ó canto, escenografía e técnica corporal, e demáis materias propias da formación superior, baixo a tutorización de Teresa Novoa e Beatriz Rioboo.

Dende 2011 participa en diversos cursos de perfeccionamento da Técnica Vocal con Carmen Subrido (soprano), Alba López Trillo (soprano), Daniel Muñoz (tenor), Patrizia Gallo (soprano), Thomas Busch (pianista acompañante) e Nuria Lorenzo (mezzosoprano).

Foi membro de diversas agrupacións corais como o Coro Universitario de Vigo, o Coro Concento, etc., e colaborou con outras como o Coro Apóstol Santiago, o Coro Allegro, Mistura vocal, etc. Actualmente forma parte do Coro Gaos (A Coruña) dende 2011 e é Pandereteira da A.C.F. O Fiadeiro, dende 2015.

Prezo socios:

Prezo non socios:

Novo curso de Pintura

Data de publicación: 2018

Este ano incorporamos á nosa oferta educativa novos cursos, entre eles o de Pintura, impartido por Reyes Martínez.

As clases teñen horario de martes , de 11.00 a 12.30 horas, cun límite de alumnos de entre 5 e 10

O prezo é de 29 euros ao mes.

Prezo socios:

Prezo non socios:

A Escola O Fiadeiro en a XXXI Festa do Pulpo de Caeiro, Cabral

Data de publicación: 2018

Actuación do Grupo de Gaitas e Baile O Fiadeiro na XXXI Festa do Pulpo de Caeiro, Cabral, Vigo, que organiza a Asociación de Veciños do Caeiro, Cabral, o próximo venres 12 de outubro, ás 12:00 horas.