Prezo socios: 10,00

Prezo non socios: 12,00

Audio: O Fiadeiro – O Fiadeiro

Data de publicación: 2015

O contido deste CD é a música que zumega a terra desde hai séculos, recolleita nas nosas aldeas á derradeira xeración que creou folclore. Os cantos de pandeiro e pandeireta, as melodías de gaita e charanga… son a reproducción leal do legado que nos deixan estas fontes aínda vivas e a nosa homenaxe a unhas formas de vida que constitúen o cerne e a raíz do que somos.

O disco conta con 14 temas:

  1. Muiñeira ribeirana e jota de Malpica de Bergantiños
  2. O quer que lle quer
  3. Muiñeira do canizo e jota de Suárbol
  4. Muiñeira de Xacebáns
  5. Valsodobre
  6. Canto de desafío de Bardáns e muiñeira punteada de Brandoña
  7. Jota e muiñeira de Castelo de Riveira
  8. Canto das segas e muiñeira da Trisca de Folgoso
  9. Valse punteado e muiñeira de Piñeira de Caurel
  10. Jota do antroido de Caldebarcos
  11. Muiñeira de Carelle e xota da Fonsagrada
  12. Pateado e muiñeira de San Pedro de Carcacía
  13. Jota do serán de Seixedos
  14. Jota cruzada de Calvos

Prezo socios: 10,00

Prezo non socios: 12,00

Edición limitada de 150 unidades

Audio: De oficios e labores Vol.1 – O Fiadeiro

Data de publicación: 2015

“Mestura de tradición e actualidade…”

Con este traballo preténdese dar información sobre o espectáculo musical e de baile levado a cabo pola A.C.F. O Fiadeiro, na súa VII Gala, titulada “De Oficios e Labores”.

A publicación “De oficios e labores”, plantexada en dous volumes, trata de ser unha edición exclusiva, apta para todo tipo de públicos, en especial para os amantes da música tradicional. Neste primeiro volume, preséntase un pequeno libro de 28 páxinas, no que se referencian e se ilustran, de forma moi didáctica, diversos oficios e labores coa súa correspondente gravación, a cargo do grupo de música de O Fiadeiro, no seu espectáculo homónimo. Labor de nai, oficio de mineiro, oficio de pedreiro e oficio de músico son os mencionados neste primeiro volume.

As melodías están recollidas nun Pen drive, ou chaveiro USB, incluído na publicación. Por este motivo podemos dicir que se trata dunha publicación onde tradición e actualidade, van da man.

A temática elixida para dar forma a esta publicación, funciona de fío condutor da VII gala, aportando certo significado aos bailes e cantos presentes na mesma. En relación aos últimos, son o eixe principal sobre o que se moven as escenas que se mostran no espectáculo. Cada un deles, pertence a un tipo de repertorio concreto relacionado directamente cos oficios e labores que se mostran.

Actualmente, O Fiadeiro está traballando na continuidade desta serie de publicacións, que pouco a pouco vai ir presentándonos para que poidamos completar a nosa propia colección. As temáticas serán diversas e, co paso do tempo, poderemos ter na nosa casa unha pequena biblioteca de folclore.

Comeza, por tanto, unha serie de publicacións a cargo do grupo artístico de O Fiadeiro, na que crea unha “tradición USB”. Quen sabe que virá despois? A porta está aberta…

Prezo socios: 5,00

Prezo non socios: 8,00

Video: VI Gala “Esta noite hai unha fía”

Data de publicación: 2015

“Esta noite hai unha fía” é un espectáculo traballado durante dous anos no que participan sesenta e cinco persoas en diferentes apartados, ataviados con cadanseu vestiario tradicional para cada unha das escenas a representar.

Repártense en tres gurpos titulares de acompañamento formado á súa vez por dez voces femininas, outras tantas masculinas e un grupo de música tradicional con todo tipo de instrumentación melódica e percutiva orixinaria da nosa realidade tradicional.

Prezo socios: 5,00

Prezo non socios: 8,00

Video: “Esta noite hai unha fía”, Gala 10 aniversario

Data de publicación: 2015

O traballo da dirección artística de O Fiadeiro e o desenvolvemento das súas actuacións están orientados a difnificar e elevar a consideración dos espectáculos de música e baile tradicional. É por esto polo que dende hai xa dez anos organizamos e presentamos a gala “Esta noite hai unha fía”.

A Gala X Aniversario “Esta noite hai unha fía” consta dunha selección das escenas premiadas en diferentes certames e concursos ó longo destes últimos dez anos, escenas que foron estreadas en distintas edicións deste espectáculo, e nas que participaron sesenta e cinco persoas en diferentes apartados.

Como xa ven sendo habitual, participaron connosco, en representación dos grandes mestres que tivemos nesta década de andaina, Dona Rosa Garrido, veciña de Moscoso, Dona Áurea Adán, veciña de Laxoso, e Dona Concha Rodríguez, veciña de Luneda.

Ademáis, contamos tamén coa participación da meirande parte dos ex-compoñentes desta agrupación, que nos volven agasallar co seu bo facer.