Slide background
Slide background
Slide background
Slide background
Slide background
Slide background

Dende 1998 están a funcionar as Aulas de Música e Danza Tradicional de “O Fiadeiro” como actividade primordial no que se refire á difusión da cultura tradicional e como un importante nexo entre o “aprendido” e a realidade cultural da tradición galega.

O xeito innovador desta escola baséase nas novas solucións pedagóxicas e na absoluta contextualización dos contidos curriculares, sempre referidos á realidade tradicional e cultural de Galicia, estritamente analizada e debidamente documentada.

A través de diversas metodoloxías pedagóxicas, profesionais das distintas materias mostran unha maneira de lograr o seu obxectivo, transmitindo, para que así perdure, a nosa tradición. A escola distribúese nas seguintes áreas, tendo en cada unha delas diferentes ofertas formativas:

  • Área de Movemento
  • Área de Música
  • Área de Artesanía
  • Talleres puntuais

Grazas a este labor, da Escola “O Fiadeiro” xorden novos grupos que forman a canteira que accederá posteriormente á agrupación principal, acadando diversos premios e mencións en diferentes concursos ao longo da xeografía galega: Concurso de Danza Tradicional Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela), Concurso de Baile Tradicional da Asociación Xuvenil Xacarandaina (A Coruña), Concurso de Baile Tradicional Malveiras (Vilagarcía de Arousa), Xornadas de Música e Baile Tradicional (Vigo) ou Concurso de Baile Tradicional Azaloira (Bandeira).

Se estás interesado-a nalgún dos cursos consulta as bases para a matrícula coas condicións e descontos familiares e para varias actividades. Se tes algunha dúbida ponte en contacto coa secretaría da asociación.

Matricúlate na escola!

Facerse socio

Cota de socio: 4,00 euros ó mes, que se aboarán de forma trimestral (12,00 euros), semestral (24,00 euros) ou anual (48,00 euros), a elexir segundo conveña.

Matrícula: 15,00 euros (quedarán exentos da mesma aqueles alunnos que cursaran o ano anterior e non se deron de baixa como socio e alumnos en todo o ano).

Cota mensual por asistencia a unha actividade: Especificada no Anexo II das bases (ver máis arriba).

Descontos

Por anotarse nunha segunda actividade ou sucesivas: se realizará un desconto de 5,00 euros.

Descontos para unidades familiares

Se descontará 3,00 euros do importe total mensual.

En caso de que algún membro da unidade familiar vaia a dúas ou máis actividades, terán o desconto de 3 euros nesas actividades a maiores (excepto nas actividades das agrupacións).

Abono das cotas

As cotas mensuais pagaranse a inicio de cada mes a través do seu banco sen cargo adicional por gastos de domiciliación.

FORMA DE MATRICULACIÓN: No local social de luns a venres de 10.00h a 14.00h e pola tarde de 17.00 a 20.00, vía internet ou vía telefónica.

Nota

  1. No caso de desexar darse de baixa dalgunha actividade antes de rematar o curso, deberá comunicalo cun mes de anticipación, de non facelo así estará obrigado a abonar a cota do mes seguinte o da baixa, aínda que non asista a actividade.
  2. Darse de baixa como alumn@ non implica a baixa de soci@, para darse de baixa de socio tamén terá que especificalo.
  3. Non serán aceptadas baixas intermitentes. Se o/a alumno/a falta a algunha clase será baixo a sua responsabilidade. Do mesmo xeito, de non asistir en periodos superiores, estes deberán de ser abonados igualmente para conservar a praza e o dereito de reincorporación posterior dentro do ano escolar.
  4. As actividades comezarán no mes de outubro de 2019 e rematarán en xuño de 2020.
  5. As clases cubriranse por rigurosa orde de inscrición.
  6. No caso de non acadarse un mínimo de alumnos matriculados nunha actividade, a mesma poderá ser suspendida. Tamén se aplicará a actividades iniciadas que o final do trimestre disminuíran o seu número de alumnos, avisando cun mes de antelación.
Descontos aplicables dentro da unidade familiar establecida por un titor e os seus fillos menores de idade, esto é tódolos socios beneficiarios dunha cota única de participación serán tratados como un so indivíduo. A cuota de socio será abonada por tódolos individuos maiores de 18 anos.