MATRICULACIÓN NAS ACTIVIDADES DA ESCOLA “O FIADEIRO” 
CURSO 2016 – 2017ACTIVIDADES FIADEIRO 2016-2017

Prazos de inscrición

– Período de matrícula ordinaria: do 8 de Setembro ao 16 de Setembro.
– Período de matrícula extraordinaria: do 19 ao 23 de Setembro.
(para especialidades con prazas vacantes e/ou alumnado que non tivera realizada a inscrición)

Descargar boletín de inscrición

Proceso de matriculación

No local social, de luns a venres (17.00h a 21.00h) e os xoves tamén pola mañá (de 10.30h a 13.30h), vía internet ou vía telefónica (ver páxina de contacto).

Facerse socio
  • – Cota de socio: 3.00 euros ao mes que se pagarán de forma trimestral (9.00), semestral (18.00) ou anual (36.00) a elexir segundo conveña.
  • – Matrícula: 12.00 euros (quedarán exentos da mesma aqueles alumnos que cursaron o ano anterior e non se deron de baixa como socios e alumnos en todo o ano).
  • – Cota mensual por asistencia a unha actividade (ver táboa máis abaixo)

Descontos

– Por anotarse nunha segunda actividade ou sucesivas se realizará un desconto de 5,00 euros.

Descontos para unidades familiares con máis de un fillo menor de idade

– No itinerario libre se descontará 3,00 euros por neno e actividade

Abono das cotas

As cotas mensuais pagaranse a inicio de cada mes a través do seu banco sen cargo adicional por gastos de domiciliación.

Nota
  • 1. No caso de desexar darse de baixa dalgunha actividade antes de rematar o curso, deberá comunicalo cun mes de anticipación, de non facelo así estará obrigado a abonar a cota do mes seguinte o da baixa, aínda que non asista a actividade.
  • 2. Darse de baixa como alumno non implica a baixa de socio, para darse de baixa de socio tamén terá que especificalo.
  • 3. Non serán aceptadas baixas intermitentes. Se o/a alumno/a falta a algunha clase será baixo a súa responsabilidade. Do mesmo xeito, de non asistir en periodos superiores, estes deberán de ser abonados igualmente para conservar a praza e o dereito de reincorporación posterior dentro do ano escolar.
  • 4. As actividades comezarán o 3 de Outubro de 2016 e rematarán o 23 de Xuño de 2017.
  • 5. As clases cubriranse por rigurosa orde de inscrición.

Descontos aplicables dentro da unidade familiar establecida por un titor e os seus fillos menores de idade, esto é tódolos socios beneficiarios dunha cota única de participación serán tratados como un so indivíduo. A cuota de socio será abonada por tódolos individuos maiores de 18 anos.