O Fiadeiro con Danza 3 en Soutomaior

Campo de San Benito de Romariz, Soutomaior

Data e hora

2018-08-02 a las 21:00 h.

AGRUPACIÓN O FIADEIRO
dentro do ciclo…
DANZA 3 – Folclore na rúa

Xoves 02 de agosto de 2018 ás 21:00h
No Campo de San Benito de Romariz (Soutomaior).

Entrada: de balde.

Organiza: Agadic, Concello de Soutomaior

Esta actuacion enmárcase dentro da serie de Espectáculos de Música e Baile Tracicional, Danza 3 – Musical/strong>, na que O Fiadeiro pretende dar mostra do seu amplo repertorio.
Para esta proposta, contará cun repertorio baseado en pezas de charanga e pandeireta, co que animar á xente a que participe deste FOLCLORE, e levándoos a unha viaxe que lles fará lembrar aquelas verbenas de outrora.

Esta montaxe, xunto as de Xacarandainas e Cantigas e Agarimos, serven de homenaxe a todas as persoas que exerceron e exercen de transmisores e baluartes da danza e a música tradicionais galegas.
Xunto con elas, as agrupacións do colectivo XOC, queren celebrar que o baile galego tradicional está en proceso para ser declarado Ben de Interese Cultural (BIC), paso previo á presentación diante da Unesco da candidatura para que a Muiñeira sexa Patrimonio Inmaterial da Humanidade.