A Viaxe de José do Campo

Auditorio Municipal do Concello de Vigo, Praza do Rei, 1, Vigo

Data e hora

2019-05-24 a las 21:00 h.

Temos o pracer de anunciarvos a emocionante estrea de «A VIAXE DE JOSÉ DO CAMPO«, unha historia musical dende O Courel ata Nova Orleáns

Esta viaxe é o resultado do traballo do curso de 3º de Interpretación Xestual da ESAD de Vigo xunto ca A.C.F. O Fiadeiro, un traballo de meses que mestura interpretación e músicas e bailes tradicionais.

Este esforzo creativo, que está baseado no libro-disco homónimo editado por Ton e Son Editorial co Fiadeiro e creado por Xavier Balsas e Rafa Crespo no ano 2015, por fin dará os seus froitos o vindeiro venres 24 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio Municipal do Concello de Vigo, na praza do Rei.

As entradas son a 4 euros e poderán ser mercadas en venta anticipada no local de O Fiadeiro (R/ Xesús Fernández Nº3 Baixo, Vigo) ou na propia taquilla do Auditorio o mesmo día. ENTRADAS ESGOTADAS!!!!

Agardamos por vos. Vai ser unha estrea emocionante, vai ser unha viaxe incrible…