Actuación da Agrupación O Fiadeiro no DÍA INTERNACIONAL DA DANZA

Diante do Mercado do Calvario, Vigo

Data e hora

2018-04-28 a las 19:00 h.

Este sábado 29 de abril, co galo do Día Internacional da Danza, actuará a Agrupación O Fiadeiro, ás 19.00
Lugar: RÚA URZÁIZ (Diante do Mercado do Calvario), Vigo xunto con G.B. Semente da Arte Galega, G.B. Amieiras de Valladares e A. Monteira Danzas do Mundo.

Organiza: Agrupación de centros deportivos e culturais

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, entidade referente na cidade en temas culturais, especialmente no folclore, celebra o Día Internacional da Danza en colaboración coa Concellería de Festas e Turismo do Concello de Vigo, o sábado día 28 de Abril ás 19:00h con 16 actuacións simultáneas de 20 minutos por grupo en distintas prazas de Vigo.

O acto institucional terá lugar na Porta do Sol–Praza da Princesa, onde comezará ás 18:45h. Darase lectura a Mensaxe do Día Internacional da Danza do 2018, escrito por Ohad Naharin, (ISRAEL) coreógrafo e director artístico de Batsheva Dance Campany e creador de GAGA.

O Día Internacional da Danza celébrase o 29 de Abril dende que foi establecido en 1982 polo Comité Internacional de Danza do Instituto Internacional de Teatro (IIT). Esta data conmemora o nacemento de Jean-Georges Noverre un excelente bailarín nado en 1727.

(Tomado do díptico do acto)