Agrupación Infantil O Fiadeiro no Luar

Luar, TVG

Data e hora

2018-06-01 a las 22:00 h.

Este venres, primeiro de xuño, todos atentos e pendentes do Luar, porque alí estarán, para ensinármonos porque serán os mestres das próximas décadas, os nosos pequenos, a Agrupación Infantil O Fiadeiro, bailando e tocando a “Xota das Cortellas de Soutomaior”, recollida a Maruja Grande Sobral, máis coñecida como “Maruja das Cortellas”, e a “Xota e agarrado de San Salvador, Santa Comba” en dous pases. Non o perdades porque abofé que ides quedar abraiados co seu arte e co ben que o fan!