Clases de Percusión Tradicional

Asociación O Fiadeiro (R/ Jesús Fernández Nº3 - Baixo)

Data e hora

2017-04-15 a las h.

A percusión tradicional inclúe: tamboril, bombo, cunchas, tarrañolas, culleres…

Horarios: Xoves de 18.00 a 19.00 (nenos)
Xoves de 20.00 a 21.00 (adultos)
Xoves de 21.00 a 22.00 (adultos)

Mestre: Julia Feijoo

É Graduada Superior en Musicoloxía, na especialidade de Etnomusicoloxía, polo Conservatorio Superior de Música de Vigo; Licenciada en Historia da Arte, na especialidade de Historia da Música, pola Universidade de Santiago de Compostela; e Titulada Profesional de Música, na especialidade de Percusión, polo Conservatorio Mayeusis de Vigo. Entre outros, ten realizado cursos de formación no eido da música tradicional como “Trabajo de Campo Etnográfico para Profesionales del Patrimonio” (CSIC), “Transcrición e análise de cancións tradicionais””(CSM Vigo), “Investigación musical en Galicia: situación actual e perspectivas de futuro” (CMUS Vigo) ou “A música tradicional hoxe: perspectivas e retos” (Consello da Cultura Galega). Como percusionista forma parte do cuarteto tradicional Virutas de Ébano, da Orquestra Folk de Galicia Sondeseu e da banda de Rodrigo Romaní.