CONCERTO DÍA DAS LETRAS GALEGAS. 2019

Auditorio de Galicia, Av. do Burgo das Nacións, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña

Data e hora

2019-05-16 a las 20:30 h.

Este xoves, véspera do 17 de maio, celebrarase en Santiago o grande Concerto das Letras Galegas organizado polo Consello da Cultura Galega, no que a Orquesta folk SonDeSeu e o grupo O Fiadeiro, dirixidos por Rodrigo Romaní, interpretarán un repertorio baseado na recreación da música popular e no que salienta a Suite Cotobade, creada para a ocasión como homenaxe a Antonio Fraguas, protagonista do Día das Letras Galegas 2019.

A entrada é libre e gratuíta: para asistir ao concerto é preciso retirar previamente os convites no Teatro Principal de Santiago de Compostela (dous convites máximo por persoa) a partir do día 9 de maio ou o propio día do evento no Auditorio de Galiciase houbera invitacións.

O acceso con entrada será ata dez minutos antes do inicio do concerto. Nese momento, se as entradas están esgotadas e hai butacas baleiras, estas ofreceranse a asistentes que carezan de entrada ata completar a capacidade da sala.

Programa:
I
Suite Cotobade
Rodrigo Romaní e Xaquín Xesteira sobre pezas recolleitas no concello de Cerdedo-Cotobade por María Vidal, Guillerme Ignacio e Xisco Feijoo
I. Xota de Caroi
II. Muiñeira
III. Ronda de Barro de Arén
IV. Pasodobre de Viascón

II
Ciclotimias Quico Comesaña
Xota de Cortellas – Rodrigo Romaní sobre unha recolleita de Xisco Feijoo
Maneo de Malpica – Xosé Lois Romero sobre unha peza do arquivo de Cántigas da Terra
Rumbas de Monzo e Vergara – Rodrigo Romaní sobre un tema tradicional dos Vergara de Ferrolterra e unha recolleita de Xisco Feijoo
O Rillachavos – Xaquín Xesteira
O Mandil – Quico Comesaña
Melchor en Cumieira – Iván Costa e Rodrigo Romaní sobre unha recolleita da ACF O Fiadeiro