Obradoiro de baile tradicional “Bailes do Condado”

CEIP Lope de Vega (Rúa Emilia Pardo Bazán, 121, Vigo)

Data e hora

2017-03-11 a las 10:00 h.

Aprendizaxe de puntos e estructura do baile da Zona do Condado: aprenderemos a bailar a xota e a muiñeira como fan en parroquias de Mondariz, Ponteareas e Salvaterra.

Data e horario: sábado 11 de marzo de 10.00 a 14.00 (4 horas)
Lugar: CEIP Lope de Vega (Rúa Emilia Pardo Bazán, 121, Vigo)

Os interesados poden poñerse en contacto no correo electrónico ofiadeiro@ofiadeiro.com ou chamade ó 629585355/986253585.

30605_388476963692_5722034_n

Uns poucos datos do Mestre, Javi Pose:

Empezou a bailar alá polo ano 1993 na Escola Municipal de Danza de Vigo con Wenceslao Cabezas (Polo), da que deu o salto á ACF O Fiadeiro, de Vigo 8 anos despois baixo a dirección de Francisco Javier Feijoó (Chisco), e anos máis tarde no grupo “A Buxaina” de Coruxo.
Actualmente é membro da formación titular de baile da “A.C. Xacarandaina” de A Coruña, e participa activamente no espectáculo “O Poder do Arcabuz”, xunto a compañía “Quique Peón Cia”.
En 2012 decide dedicarse por completo á docencia do baile tradicional, na “ACF O Fiadeiro”, impartindo iniciación ao baile tradicional a nenos e adultos. Pouco tempo despois, en xuño de 2013, incorpórase como monitor de baile na “AAVV Santa Mariña” de Cabral, e como director de baile da “AC Os Muiños” de Oliveira, en Santiago de Oliveira Ponteareas e en 2014 comeza a dirixir a “AC A Vella Barca”, do concello de Arbo e por fin, en 2016, toma a dirección do grupo “Refaixos e Polainas” de Baldráns, parroquia pertencente ó concello de Tui.