Curso de auga doce

Vigo

Data e hora

2017-01-10 a las 19:30 h.

O obxectivo do curso é achegarse á lingua galega a través do curso dun río.

Non é un curso de galego se por iso entendemos gramática, ortografía, sintaxe… Mais si é unha
acción formativa do galego xa que imos ampliar o noso coñecemento da lingua propia de Galicia.

A auga doce será o fío condutor desta actividade, que nos levará polo léxico, a fraseoloxía ou a
toponimia, baixo varios bloques temáticos:

  • Auga e relevo
  • Auga e vida
  • Auga e aproveitamento tradicional
  • Auga e fogar
  • Auga, saúde e lecer

Achegarémonos á realidade de Vigo na súa copiosa relación coa agua (neste caso auga doce):
ríos e regueiros, hidronimia, muíños, bosques de ribeira, rituais relacionados coa auga…

O curso remata cunha saída a uns muíños vigueses e a un bosque de ribeira.

O curso é de balde e está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística.

DATAS: 10, 12, 17, 19, 24, 26, 31 de xaneiro; 2, 7, 9 de febreiro de 2017
LUGAR: Oficina Municipal de Distrito de Casco Vello (rúa Oliva, 12)
HORARIO: de 19:30 a 21:30
DURACIÓN DO CURSO: 20 horas ( + saída de 2 horas a muíños)

Para inscribirse deben enviar os seus datos (nome completo, teléfono e
DNI) ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org {poñer no asunto:
curso de auga doce}

A Oficina Municipal de Distrito de Casco Vello é un espazo cedido gratuitamente
polo Concello de Vigo coa colaboración da Concellaría de Participación Cidadá