Curso de introdución á análise de cancións tradicionais

ACF O Fiadeiro (R/ Jesús Fernández Nº3 - Baixo, Vigo)

Data e hora

2017-06-17 a las 10:00 h.

III Curso de introdución á análise de cancións tradicionais

8 horas de duración. Nº máximo de participantes: 15

Contidos

O sistema de análise comprende os seguintes puntos:

  • Aspectos básicos da notación e edición da partitura.
  • Conxunto de notas, ámbito, escala.
  • Compás, ritmo.
  • Cadencias, perfil melódico, forma.
  • Métrica poética, número de sílabas, forma do texto.
  • Función, ocasión; outros datos.
  • Descrición dos xéneros muscais galegos.

Como introdución á análise propiamente dita, falaremos de características xerais da música tradicional galega, en especial da canción, e da música de tradición oral en xeral. Prestaremos especial atención á relación entre música e texto. Consideracións xerais sobre as variantes e a variación como elemento esencial da canción tradicional. O traballo con partituras (que cantamos antes de analizalas) será ademais acompañado de audicións musicais.


Obxectivos

  • Comprender as estruturas musicais das que se compón a canción tradicional.
  • Coñecer algúns dos criterios máis empregados na descrición de repertorios musicais.
  • Obter os coñecementos básicos cos que acometer a descrición e clasificación iniciais da música tradicional.
  • Obter unha comprensión xeral dos procesos creativos inherentes á interpretación tradicional (fundamentalmente a variación melódica).

Info para público

Queres saber algo máis sobre:

  • as variantes dunha mesma melodía e como varían ou improvisan os músicos tradicionais?
  • a importancia do ámbito para datar a antigüidade dunha melodía?
  • a relación entre música e texto e as distintas formas estróficas postas en música?
  • a métrica do verso dunha canción galega e en que se distingue da do verso dunha canción inglesa?

O mestre

O etnomusicólogo Sergio de la Ossa é, dende o ano 2007, o encargado dos arquivos de música tradicional do Museo do Pobo Galego (www.apoi.museodopobo.gal)e formouse como mestre especialista en Educación Musical (1999) pola USC e no Método Kodály (2010). Entre 2011 e 2015 ensinou música tradicional no Instituto Kodály da Academia Liszt (Kecskemét, Hungría) e ofrece regularmente cursos e conferencias, entre os que destaca a única de temática galega no WOMEX 2014. Participou en publicacións do eido da música e do baile tradicional, como Así fan os bailadores… (Dos Acordes, 2009) ou Repente Galego (Deputación de Pontevedra, 2016) de Ramon Almuinha e actualmente, imparte aulas de teoría no Curso Maxistral da Central Folque e publica sobre cuestións relacionadas coa análise de música tradicional no blogue www.analisemusical.wordpress.com.