Festa Fin de Curso e Serán de O Fiadeiro 2019

AVCD Santa Mariña de Cabral, Av. Sta. Mariña, 95, 36318 Vigo, Pontevedra

Data e hora

2019-06-15 a las 18:30 e 21:30 h.

O Fiadeiro despide o curso cunha tarde de espectáculos e noite de festa tradicional

O sábado 15 de Xuño os alumnos e alumnas da Escola da A.C.F. O Fiadeiro darán mostra de todo o aprendido durante o curso. Será ás 18:30 horas no salón de actos da A.V. Santa Mariña de Cabral (avda. Sta. Mariña nº 95)no acto actuarán os diferentes grupos da escola: baile moderno, baile tradicional, canto e pandeireta, gaita e percusión entre outros.

Unha vez rematadas as actuacións, a partir das 21:30 horas, comezará a festa serán con música e baile tradicional durante toda a noite, que contará coa participación de agrupacións musicais da comarca convidadas ao evento e doutras moitas que se achegarán para participar de xeito espontáneo tal e como rexe na celebración dos seráns.

A A.C.F. O Fiadeiro convida a toda a cidadanía a achegarse na tarde noite do 15 de Xuño á asociación veciñal de Cabral e vibrar coas actuacións dos alumnos da escola e divertirse ao xeito tradicional da festa serán. A entrada é gratuíta e haberá bebida e comida a prezos populares. Chegada a certa hora da noite tamén haberá chocolate para todos os asistentes.

Para máis información estamos nos teléfonos 986 253 585 / 629 585 355 ou ben por correo electrónico ofiadeiro@ofiadeiro.com.