FOLIADA INFANTIL NA RECONQUISTA DE VIGO 2017

Taberna de O Fiadeiro, Praza da Pedra, ao carón do Paso ao CC A Laxe

Data e hora

2017-04-01 a las 11:00 h.

O Fiadeiro e O Casco Vello volven organizar un ano máis a Foliada Infantil da Festa da Reconquista 2017.

A foliada será no escenario situado ao carón da Taberna de O Fiadeiro, na Praza da Pedra, ao carón do Paso ao Centro Comercial A Laxe, e comezará ás 11 da mañá. Animádevos a participar… traede aos vosos nenos! Serán os verdadeiros protagonistas, os intérpretes das músicas e dos bailes!!

Iso si, non esquenzades inscribirvos antes en info@cascovellovigo.com ou en ofiadeiro@ofiadeiro.com. Esperámosvos!!