II Xornadas de Percusión Tradicional

Casa da Cultura de Lérez, Leandro Del Río Carnota, 12 36005 Pontevedra

Data e hora

2017-04-02 a las 10:30 h.

Curso de 7 horas de duración impartido polo percusionista Andrés Vilán o 2 de abril en Pontevedra.

Haberá dúas modalidades de participación: como alumno activo (40 €) e como oínte (15 €). Indicar a modalidade ao facer a inscrición.

Para a primeira modalidade só son necesarios uns coñecementos básicos sobre agarre, golpeo e ritmos tradicionais galegos. Dirixida, principalmente, a tamborileiros de calquera nivel (desde inicial ata avanzado), percusionistas en xeral ou gaiteiros con coñecementos de percusión.

Para a segunda modalidade non é necesario ningún requisito. Dirixida, principalmente, a gaiteiros sen coñecementos (ou moi poucos) de percusión, músicos de calquera instrumento ou afeccionados á música.
Os alumnos activos é conveniente que leven tambor e baquetas.

Os alumnos oíntes disporán do mesmo material que os activos, poderán preguntar, pero non participar nos exercicios prácticos.

Prazas limitadas (segundo orde de inscrición).

Xantar opcional.
Inscrición e información: Teléfono: 639908788/e-mail: gaiteirosdasriasbaixas@gmail.com

Organiza: A.C. Gaiteiros das Rías Baixas.
Colaboran: Casa da Cultura de Lérez, Carlos do Viso e Missom.