III xuntanza homenaxe Henrique Otero

CMUS Profesional de Vigo, r/Rúa Felipe Prósperi s/n, Vigo

Data e hora

2018-05-11 a las 20:30 h.

Este venres, 11 de maio, ás 20:30 as nosas pandereteiras Ferriñas Bravas da escola da A.C.F. O Fiadeiro participarán na III Xuntanza homenaxe Henrique Otero, adicada este ano ás mulleres gaiteiras e que terá lugar no Auditorio David Russell do CMUS Profesional de Vigo.

Nesta xuntanza tamén participarán as alumnas de gaita galega do CMUS Profesional de Vigo, Manuela González, Sara Iglesias, Sofía González, Daniela Fernández, Aroa Cuiñas, Alba C. Alonso, Johana Castro e Paz Álvarez; Irma Durán e Mª Xosé López da A.F. Breogán de Moaña e o grupo Maraghotas, con Marina Fernández, Xiana Teixeiro e Marilú Campos.