Novas Aulas no Curso 2016-17

O Fiadeiro

Data e hora

2016-09-07 a las 15:00 h.

Este curso 2016-17, na Escola O Fiadeiro, contamos con novos mestres para as nosas aulas. Sergio Cobos, como mestre das Aulas de Baile Tradicional, Bruno Díaz no Obradoiro Vocal e Roberto Comesaña nas Aulas de Acordeón.

Estes son uns pequenos apuntamentos sobre os seus extensos currículos, a modo de presentación:

SERGIO COBOS está especializado en música e danza tradiconal Galega a través da formación na escola de folcklore Cantigas e Agarimos e en traballo de campo e recollidas etnocoreográficas e etnomusicolóxicas dende o ano 1989.
Adícase a danza tradicional en todas as suas vertentes como creador e intérprete sendo coreógrafo, bailarín, músico e director musical.
Foi fundador e director artístico das compañias Bruma e Trebón (Novas tendencias da danza galega), director musical e intérprete de danza nas compañías Círcio e GS21 asi como intérprete do grupo Violia (música tradicional galega)
É ilustrador de diferentes traballos e actualmente investiga para a creación de unha nomenclatura e simboloxia ad hoc ao baile tradicional galego chamado “cara ós Bailegramas”.
En Portugal está traballando como intérprete na compañia de danza contemporánea Clara Andermatt. Musicalmente dirixe o grupo portugués Aquí Há Baile.

BRUNO DÍAZ é Graduado Superior en Musicoloxía e en Instrumentos da Música Tradicional e Popular Galega, e Máster de Teatro e Artes Escénicas pola Universidade de Vigo.
Ademais doutros colectivos, é director do Coro de Cámara Rías Baixas e foi director do Coro Xove de Vigo. Fixo cursos de dirección coral da man de Basilio Astúlez, Maite Oca, David Azurza, Esteban Urzelai, Carlo Pavese, Marco A. García de Paz e Gabriel Baltés.
A súa experiencia coral en coros como o Collegium Compostelanum, o Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia e o Coro Gaos permítenlle chegar ao eido da dirección despois de traballar con Maximino Zumalave, Fernando L. Briones, Joan Company, Víctor P. Pérez, Tom Koopman ou Lorin Maazel, entre outros.

ROBERTO COMESAÑA é Titulado Superior en Piano Jazz polo Conservatorio Superior de A Coruña, Titulado Profesional en Piano polo Conservatorio Profesional de Vigo e Titulado Profesional en Acordeón polo Conservatorio Profesional de Vigo.
Ten asistido a masterclass de improvisación con Xosé Miguélez, Phil Wilkinson, Steve Brown, Julia Hulsmaan e de acordeón con Victor Prieto, Aníbal Freire o Vladyslav Semionov.
Actualmente cursa o Máster de Performance na ESMAE con Abe Rábade.
Nas categorías “Música Popular” e “Grupos de Música Popular” do Certame Nacional de Acordeón, acadou o 1º premio e na categoría sénior “Variette” o 2º premio.
Como intérprete ten formado parte de diferentes bandas como de The Crass, Noitarega, da banda de Cristina Pato e colaborado con artistas como Leilía, Sonia Lebedynski, Davide Salvado ou Anxo Lorenzo. Foi profesor da Escola de Música e Conservartorio Profesional de Cambados e actualmente tamén imparte aulas na Escola de Música da Asociación Helios de Bembrive e no Centro Creativo Musical de Moaña.