Novo curso de Ballet, expresión corporal, danza clásica e contemporánea

Escola O Fiadeiro

Data e hora

2018-10-31 a las h.

Este ano incorporamos á nosa oferta educativa novos cursos, entre eles o de Ballet, expresión corporal, danza clásica e contemporánea, impartido por Carla Cecilia Riquelme.

As clases teñen a seguinte estructura:

Expresión corporal, Ballet para nenos:

  • Aprenderemos a través do xogo, gozar da música, a danza e a linguaxe da expresión corporal.
  • Venres, de 19.00 a 20.00 horas.
  • Nenos de 4 a 8 anos.
  • Prezo de 22 euros ao mes.
  • Entre 5 e 10 alumnos.

Danza clásica:

  • Iniciación en danza clásica, estiramento e corrección postural.
  • Venres, de 20.00 a 21.00 horas.
  • Rapaces de 8 a 15 anos.
  • Prezo de 22 euros ao mes
  • Entre 5 e 10 alumnos.

Danza clásica e contemporáneo:

  • Aprenderanse os contidos necesarios para a interpretación buscando unha técnica mixta entre a técnica da danza clásica e o comezo da danza moderna.
  • Venres, de 21.00 a 22.30 horas.
  • Maiores de 16 anos.
  • Prezo de 29 euros ao mes
  • Entre 5 e 10 alumnos.

Carla Cecilia (Chechu) Riquelme é mestra egresada da Escola Nacional de Danzas “Aída V. Mastrazzi” en Buenos Aires, Arxentina, e estudante de Licenciatura en Composición Coreográfica na Universidade Nacional de Artes (Bs. As.) e do Profesorado en Danza Clásica e Contemporánea do Instituto Superior de Formación Artística (Bs. As.).