Novo curso de Conxunto coral

Escola O Fiadeiro

Data e hora

2018-11-15 a las 23:00 h.

Este ano incorporamos á nosa oferta educativa novos cursos, entre eles o de Conxunto Coral, impartido pola mestra de Canto Coral, Bea Freijido.

As clases teñen horario de luns, de 20.30 a 21.30 horas, cun límite de alumnos de entre 8 e 15.

O prezo é de 20 euros ao mes.

CONXUNTO CORAL: Respiración e emisión do aire. Vocalizacións. Técnica vocal. Clasificación das distintas voces. Coidado da voz. Repertorio variado.


BEATRIZ FREIJIDO

Inicia a súa formación musical en 1984 no Conservatorio superior de música de Xenebra (Suiza) e en 1988 a formación instrumental (piano). Dende 1993, continúa os seus estudos musicais no Conservatorio Mayeusis de Vigo.

En 1988 obtén o Título de grao medio de música (actual grao profesional) na especialidade de piano (expedido polo Conservatorio superior de música, Vigo).

En 2012 inicia os estudos superiores na especialidade de Canto, no Conservatorio superior de música de Vigo, con formación en canto, idiomas aplicados ó canto, escenografía e técnica corporal, e demáis materias propias da formación superior, baixo a tutorización de Teresa Novoa e Beatriz Rioboo.

Dende 2011 participa en diversos cursos de perfeccionamento da Técnica Vocal con Carmen Subrido (soprano), Alba López Trillo (soprano), Daniel Muñoz (tenor), Patrizia Gallo (soprano), Thomas Busch (pianista acompañante) e Nuria Lorenzo (mezzosoprano).

Foi membro de diversas agrupacións corais como o Coro Universitario de Vigo, o Coro Concento, etc., e colaborou con outras como o Coro Apóstol Santiago, o Coro Allegro, Mistura vocal, etc. Actualmente forma parte do Coro Gaos (A Coruña) dende 2011 e é Pandereteira da A.C.F. O Fiadeiro, dende 2015.