O Fiadeiro en Chapela. Danza 3 – De Rúa

Chapela, Redondela, Pontevedra

Data e hora

2017-07-02 a las 12:00 h.

Actuación da Agrupación O Fiadeiro o próximo Domingo 2 de Xullo en Chapela, Redondela, Pontevedra.

Esta actuacion enmárcase dentro da serie de Espectáculos de Música e Baile Tracicional, Danza 3 – De Rúa, na que O Fiadeiro fará un repaso do seu amplo repertorio musical e de baile, co seu espectáculo “”Baile e Música O Fiadeiro””, exhibindo a pé de rúa unha mostra do seu amplo repertorio, nunha proposta artística preparada especialmente para cada espazo e a través da que se busca implicar o público asistente, de xeito que cada función é única e espontánea

O programa de difusión do baile e da música tradicionais Danza 3 regresa á súa cita anual co público galego da man das agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, O Fiadeiro de Vigo e Xacarandaina da Coruña, co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais). En 2016, o programa amplíase de nove a doce actuacións noutros tantos concellos: Carral, Carballo, Ortigueira, Muros, Sanxenxo e Sigüeiro (De Rúa) e Ribadeo e Vilalba (No Teatro).

O Fiadeiro ten programadas outras tres representacións en O Irixo, Baltar e Mos (No Teatro).