O Fiadeiro en Mos. Danza 3 – No Teatro

Auditorio de Torroso, Mos

Data e hora

2017-08-06 a las 20:00 h.

AGRUPACIÓN O FIADEIRO dentro do ciclo… DANZA 3 – Espectáculos de Baile e Música Tradicional

Domingo 6 de agosto de 2017 ás 20:00h, no Auditorio de Torroso

Entrada: 5 euros. Pódense mercar durante toda a semana en Oficinas auditorio das Pozas ou nas Oficinas do auditorio de Torroso, ou tamén o propio día. Entradas numeradas.

Organiza: Agadic, Concello de Mos

O proxecto Danza 3 levado a cabo conxuntamente entre o AGADIC e as agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Xacarandaina de A Coruña, e o Grupo de Baile e Música O Fiadeiro de Vigo, pretende dignificar e amosar a riqueza do extenso e amplo patrimonio inmaterial da Cultura Galega.

O proxecto pretende acercar o folclored de cada unha destas agrupacións a distintos Concellos da xeografía galega.

Esta actuacion enmárcase dentro da serie de Espectáculos de Música e Baile Tracicional, Danza 3 – No Teatro, na que O Fiadeiro pretende dar mostra do seu amplo repertorio. Para esta proposta, contará cun repertorio baseado en pezas e bailes do seu propio arquivo, que adaptará ás necesidades do momento. Creando en 80 minutos un espectáculo único, espontáneo e persoal, polo que non haberá dous espectáculos iguais. Para isto, O Fiadeiro, contará co grupo de baile, grupo de pandereteiros, pandereteiras e da súa charanga, para animar á xente a que participe deste FOLCLORE. Os temas que interpretarán serán variados, en canto a ritmos e formacións. Esta montaxe, xunto as de Xacarandainas e Cantigas e Agarimos, serven de homenaxe a todas as persoas que exerceron e exercen de transmisores e baluartes da danza e a música tradicionais galegas. Con elas, as agrupacións do colectivo XOC –que suman máis de 1.500 socios– están a difundir tamén a petición que lle farán chegar ao Ministerio de Educación e Cultura para conseguir a declaración BIC, paso previo á presentación diante da Unesco da candidatura do ‘Baile e música de Galicia’ a Patrimonio Inmaterial da Humanidade’.

Datas e concellos próximos:

Xacarandaina

26/08/17 en Ortigueira
15/08/17 en Ribadeo (teatro)

O Fiadeiro

Novembro en Baltar
06/08/17 en Mos (Auditorio)

Cantigas e Agarimos

26/08/17 en Sanxenxo
09/09/17 en Sigüeiro
15/10/17 en Vilalba (teatro)