O Fiadeiro en Ourense. Danza 3 – No Teatro

Auditorio Municipal de Ourense

Data e hora

2018-05-13 a las 19:00 h.

AGRUPACIÓN O FIADEIRO
dentro do ciclo…
DANZA 3 – Folclore na rúa

Domingo 13 de maio de 2018 ás 19:00h
No Auditorio Municipal de Ourense

Entrada: 3 euros.
Entradas á venta na taquillería do Auditorio e en Ataquilla.com

Organiza: Agadic, Concello de Ourense

Esta actuacion enmárcase dentro da serie de Espectáculos de Música e Baile Tracicional, Danza 3 – No Teatro, na que O Fiadeiro pretende dar mostra do seu amplo repertorio.
Para esta proposta, contará cun repertorio baseado en pezas e bailes do seu propio arquivo, que adaptará ás necesidades do momento.
Creando en 80 minutos un espectáculo único, espontáneo e persoal, polo que non haberá dous espectáculos iguais.
Para isto, O Fiadeiro, contará co grupo de baile, grupo de pandereteiros, pandereteiras e da súa charanga, para animar á xente a que participe deste FOLCLORE.
Os temas que interpretarán serán variados, en canto a ritmos e formacións.
Esta montaxe, xunto as de Xacarandainas e Cantigas e Agarimos, serven de homenaxe a todas as persoas que exerceron e exercen de transmisores e baluartes da danza e a música tradicionais galegas.
Xunto con elas, as agrupacións do colectivo XOC, queren celebrar que o baile galego tradicional está en proceso para ser declarado Ben de Interese Cultural (BIC), paso previo á presentación diante da Unesco da candidatura para que a Muiñeira sexa Patrimonio Inmaterial da Humanidade.