O Fiadeiro na Reconquista 2019

Rúa Eduardo Chao 17-19, Vigo

Data e hora

2019-03-30 a las 10:00 h.

Xa non queda nada. Nunha semana xa está aquí a nosa e esperada festa… A RECONQUISTA DA VILA DE VIGO!!!

Ide preparando o que precisedes xa que a lista é longa: roupas da época, puntos de baile, cantigas, gorxas, pés, máns…

Nós no Fiadeiro, xa estamos preparadas. Temos a taberna limpa, cunha nova man de pintura, e os pipotes cheos de cervexa e de viño. Xa temos as tortillas e os ‘chouripáns’. Xa temos empanadas e bicas. Todo é pouco para botalos!

Mais nós non levamos nin coitelos nin trabucos, SÓ PRECISAMOS OS NOSOS INSTRUMENTOS MUSICAIS, a nosa música, os nosos bailes, a nosa festa, para loitar contra o francés invasor. Polo que se nos queredes atopar, buscade na Rúa Eduardo Chao, ao fondo de todo, xusto do lado do escenario. Alí estaremos facendo festa, que non todo van ser loitas e choros, pois da alegría e a esmorga vive a alma.

Lembrade, Rúa Eduardo Chao, xusto ao fondo, do lado do escenario. O Fiadeiro garante festa rachada, boa música, boa comida… que máis queredes!