O FIADEIRO NA RECONQUISTA DE VIGO 2017

Taberna de O Fiadeiro, Praza da Pedra, ao carón do Paso ao CC A Laxe

Data e hora

2017-04-01 a las 14:00 h.

Achégase a Reconquista de Vigo 2017. E como todos os anos, dende O Fiadeiro queremos invitarvos á nosa taberna. Este sábado e este domingo estará ateigada da mellor comida, da mellor bebida e como non, da mellor festa feita pola nosa charanga, polas nosas pandereteiras e polos nosos pandereteiros. Tamén polos nosos bailaríns e polos membros da nosa escola. E como non… por cada un de vos se vos presta participar: que non sexa só mirar. Ben e divírtete connosco!! Come, bebe, canta ou baila!!

Porque nos non temos armas de lume para enfrontármonos aos franceses e botalos fóra da nosa terra. Nos temos os nosos instrumentos musicais, a nosa voz e a nosa esmorga!!!

Este ano, como o anterior, poderás atoparnos na Praza da Pedra, do lado do paso que leva ao Centro Comercial A Laxe, xusto onde se cheiran os mellores chourizos e se escoita a mellor música tradicional. E por se non sabes como chegar…

Programa da Taberna de O Fiadeiro:

  • Sábado, ás 11:00 horas: Serán Infantil.
  • Sábado pola tarde: actuación da Charanga O Fiadeiro.
  • Domingo ás 17:00 horas: actuación das Pandereteiras e Pandereteiros O Fiadeiro.

Ollo:

  • Xogo/gymkana Reconquista:
    • Fuches escollido para unha misión moi importante e perigosa. Necesitamos que fagas de espía para a Resistencia viguesa. Tes que buscar a resposta a estas preguntas, QUE SON DE VITAL IMPORTANCIA para poder recuperar a cidade.
    • Se traes as respostas correctas poderemos ter información sobre a vila para recuperala e expulsar aos invasores; debes ser discreto, pode haber espías franceses que se descobren que ti es un dos nosos, poden levarte á cadea e non poderás rematar a túa misión. BOA SORTE e… máxima discreción.
    • Cando cubras este pasaporte pon o teu nome; entrégao no posto de O FIADEIRO (na praza de Conquistadores) e participarás no sorteo para obter a chave da porta de Gamboa e poder pechala aos invasores.
  • Teremos á venda a taza de O Fiadeiro.