O Fiadeiro nas II Xornadas Etnográficas do Morrazo

Recinto multiusos da Estacada (Bueu)

Data e hora

2019-08-18 a las 20:00 h.

Tras o éxito cultivado o ano pasado as Xornadas Etnográficas do Morrazo: música, baile, traxe e concienciación ambiental, volven na súa segunda edición nas vilas de Cangas, Moaña e Bueu e organizadas pola Asociación Cultural Peis d´Hos e a Mancomunidade de Concellos do Morrazo. A programación, que comeza este venres 16 de agosto e finaliza o domingo 26, pretende por en valor a tradición cultural de Galicia, pretendendo facer visible a nosa riqueza cultural incluíndo obradoiros, charlas, conferencias e actividades repartidas entre os tres concellos.

O plato forte da programación deste año será este domingo 18 de agosto e terá lugar en Bueu, que acollerá a Mostra Etnográfica do Morrazo, cun desfile de pasarela no que se poderán ver distintos modelos de traxe tradicional galego e a actuación dos grupos Brincadeira, O Fiadeiro e Trébede.

II Xornadas Etnográficas do Morrazo

A partires das 20:00 horas haberá pasarrúas polo centro da vila de Bueu a cargo das agrupacións participantes. Logo, ás 20:30 horas terá lugar o desfile do traxe tradicional galego, a cargo da Asociación Etnográfica Sete Espadelas, no recinto multiusos da Estacada (Bueu). E ao remate, ás 21:00 horas as actuacións das agrupacións Brincadeira, Trébede e O Fiadeiro, no mesmo recinto multiusos da Estacada (Bueu).