O Fiadeiro no Barco. Danza 3 – No Teatro

Teatro Lauro Olmo, O Barco de Valdeorras

Data e hora

2016-11-12 a las 20:00 h.

Actuación da Agrupación O Fiadeiro o próximo Sábado 12 de Novembro, no Barco de Valdeorras, Ourense.

Esta actuacion enmárcase dentro da serie de Espectáculos de Música e Baile Tracicional, Danza 3 – No Teatro, na que O Fiadeiro escenificará a súa VIII Gala ‘Esta noite hai unha fía: nas catro esquinas’. Esta montaxe, xunto as de Xacarandainas e Cantigas e Agarimos, serven de homenaxe a todas as persoas que exerceron e exercen de transmisores e baluartes da danza e a música tradicionais galegas. Con elas, as agrupacións do colectivo XOC –que suman máis de 1.500 socios– están a difundir tamén a petición que lle farán chegar ao Ministerio de Educación e Cultura para conseguir a declaración BIC, paso previo á presentación diante da Unesco da candidatura do ‘Baile e música de Galicia’ a Patrimonio Inmaterial da Humanidade.

O programa de difusión do baile e da música tradicionais Danza 3 regresa á súa cita anual co público galego da man das agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, O Fiadeiro de Vigo e Xacarandaina da Coruña, co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais). En 2016, o programa amplíase de nove a doce actuacións noutros tantos concellos: Arteixo, A Baña, O Barco de Valdeorras, A Cañiza, Castrelo de Miño, Melide, Mondoñedo, Oza-Cesuras, Palas de Rei, Sarria, Valga e Vila de Cruces.

O Fiadeiro xa programou as outras tres representacións en Melide (o pasado 30 de Xullo, na praza do Convento), Castrelo de Miño (o 13 de Agosto, na praza do Parque), e na Praza Maior da Cañiza, o 15 de Agosto.»