O Fiadeiro no Nadal no Calvario 2017

Polas rúas do Calvario, Vigo

Data e hora

2017-12-22 a las 12:00 h.

Este ano o Nadal chega ao Calvario cargado de sorpresas: a Cabalgata de Papá Noel, o mercado artesán e a actividade “Imos cantar os reis”.

E entre elas, este venres, de doce a unha, os máis pequenos da Escola de O Fiadeiro sairán co Apalpador a ensinarnos a súa arte. E así bailarán a Danza de Cintas de Guláns, a Danza de Paos de As Cortellas e a Danza de Castañolas de Fozara, e como estamos no nadal… pois tamén cantarán o Canto de Reis de Muiño (Zas) e o Canto de Reis de Aldán. Veña… queremos vervos a todos alí gozando co ben que o fan!