O Fiadeiro no XX Festival AIRES do Masma

Praza Conde de Fontao, Foz, Lugo

Data e hora

2018-07-21 a las 21:00 h.

O Festival Aires do Masma vai celebrar este sábado día 21 de xullo, a súa XX edición. Están de celebración, das grandes, porque non todos os anos se celebra un número tan redondo. E que mellor xeito pode haber para celebralo, se unha das actuacións e a da ACF O Fiadeiro co seu espectáculo de baile e danza?

Este ano, ademáis de nos, tamén actuarán a AFC A Subela e logo, en concerto, as Tanxugueiras.

Non o pensedes tanto. O sábado 21, ás 21 horas, na Praza Conde de Fontao de Foz, Lugo, XX Festival Aires do Masma e ACF O Fiadeiro!