O Fiadeiro no XXIV Festival Internacional O Folclore do Mar

Moaña, palco de música

Data e hora

2017-07-22 a las 22:00 h.

Este sábado 22 de xullo a agrupación O Fiadeiro participará no XXIV Festival Internacional O Folclore do Mar, ás 22.00 horas no palco de música de Moaña, un Festival organizado por AFCX Meiramar – Axóuxeres.

Nesta ocasión, o grupo de baile e música de O Fiadeiro, pretende dar mostra do seu amplo repertorio no palco de música de Moaña. Para esta proposta, contará cún repertorio baseado en pezas e bailes do seu propio arquivo, que adaptará ás necesidades do momento. Creando en 60 minutos un espectáculo único, espontaneo e persoal, polo que non haberá dous espectáculos iguais.

O Fiadeiro, contará có grupo de baile, grupo de pandereteiros, pandereteiras e da súa charanga, para animar á xente a que participe. Un total de 50 persoas no escenario repartidas nas diferentes seccións de baile e música, interpretarán temas variados, en canto a ritmos e formacións se refire.

O máis importante feito por O Fiadeiro é sen dúbida a organización e representación de espectáculos de gran formato como “A última verbena”, ambientada na Galiza da postguerra ou a sua gala denominada “Esta Noite Hai Unha Fía” que xa vai pola novena edición. Espectáculo donde ó longo de case dúas horas se mostran esceas de vidas pasadas das aldeas de toda Galiza no que a música e o baile máis tradicional son protagonistas.

O Fiadeiro tamén participou en eventos tan importantes como diversos programas de televisión, espectáculos en diversas localidades do estado español aínda que máis destacable é a súa participación no VII Encontro para a promoción e difusión do patrimonio inmaterial dos Países Iberoamericanos en Venezuela, en varias edicións do Festival Intercéltico de Lorient na Bretaña Francesa así como no Festival Intercéltico “Céltica” celebrado no val italiano de Aosta.

Ven disfrutar da nosa música!!!