O PANDEIRO CADRADO NA GALIZA

O Fiadeiro, R/Xesús Fernández, 3, Vigo

Data e hora

2017-05-13 a las 10:30 h.

Neste obradoiro abordaranse as cuestións fundamentais relacionadas co repertorio acompañado de pandeiro cadrado na Galiza cun enfoque teórico-práctico. A partir da consulta de fontes documentais, de recollas de campo, de transcricións musicais e de entrevistas con compiladores do patrimonio inmaterial, realizarase unha exposición da historia e etimoloxía do instrumento, das diferentes tipoloxías atopadas, da súa distribución territorial, do repertorio conservado e do contexto
performativo no que foi tocado.

APARTADO TEÓRICO
– Historia e etimoloxía do pandeiro cadrado.
– Breve contexto peninsular.
– O pandeiro cadrado na Galiza: zonificación, funcións do repertorio, contexto performativo.
– O repertorio: transcrición e análise.

APARTADO PRÁCTICO
– Aprendizaxe de toques, melodías e estilos segundo os ritmos e zonas.
– Ritmos: jota, muiñeira ou rebeirana, pasodobre, chiqui chiqui, valse, rumba…
– Localizacións: concellos de A Caniza, Cerdedo, O Covelo, A Gudiña, Pazos de Borbén e Soutomaior.

A QUEN VAI DIRIXIDO?
O obradoiro “O pandeiro cadrado na Galiza” vai dirixido a todas aquelas persoas interesadas na nosa música de tradición oral, con independencia do seu nivel de coñecemento do repertorio.

POR QUE O PANDEIRO CADRADO?
– Porque é un instrumento minoritario dentro da música de tradición oral da Galiza e o seu repertorio permanece aínda pouco estudado.
– Porque co rexurdir da percusión de man ibérica nestes tempos, o coñecemento do pandeiro cadrado supón un xeito de achegarnos á tradición galega, traballando a partir do noso propio patrimonio.

CONTACTO
O Fiadeiro
ofiadeiro@ofiadeiro.com
986253585/629585355
Rúa Xesús Fernández, 3 Baixo 36205 – Vigo (Pontevedra)
Prezo: socios, 50 euros – non socios, 60 euros.
Mestres: Julia Feijóo e Guillerme Ignacio

JULIA FEIJÓO
É a primeira etnomusicóloga titulada da Galiza (Vigo, 2016), licenciada en Historia da Arte na especialidade de Historia da Música (Compostela, 2010) e titulada profesional en Percusión (Vigo, 2010).
Dentro do panorama de música de raíz galega é integrante da bBanda do arpista Rodrigo Romaní, formación coa que realiza a xira do seu disco As Arpas de Breogán (Fol Música, 2012) e da Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu, coa que grava o seu cuarto traballo discográfico Danzas Brancas (Fol Música, 2013).
A súas investigacións abordan o estudo das músicas de tradición oral de Galiza, centrándose especialmente nos contactos interculturais e nos procesos de adaptación da tradición na sociedade contemporánea.

GUILLERME IGNACIO
É diplomado en Educación Musical, mestre de música e mestre de Canto tradicional e pandeireta en diversas asociacións. Músico e membro fundador do grupo folk Quempallou, así coma do grupo de pandeireteiros O Tear de Llerena.
Ten ampla experiencia na recolleita de tradición oral, que o levaron a ser asesor musical do programa Alalá da TVG en diversos capítulos (Pandeireteiras de Arcos de Mazaricos, Pandeireteiras de Muíño de Zas, O Gaiteiro de Pol, Filharmónica en Cela…).
Tamén ten producido unha serie de traballos divulgativos referidos ás fontes vivas da nosa tradición: José o Ghaiteiro do Piñeiro (Aldán, Cangas), Pandeireteiras de Barro de Arén (Cerdedo), Pandeireteiras de Toutón (Mondariz), Músicas de tradición oral no Concello de Bueu (Elelelos).