OBRADOIRO PARA A CONFECCIÓN DE SAIAS PARA O TRAXE TRADICIONAL

O Fiadeiro

Data e hora

2017-03-04 a las 16:30 h.

MATERIAL:
– Fío
– Tesoira
– Rotulador Pilot para marcar (tinta que desaparece coa plancha)
– Cinta métrica
– Agullas
– Alfinetes
– Tecido para a saia (pano, baeta, estameña, picote…….)

O resto do material preciso para o remate da saia o irémolo comentando durante o curso, xa que vai depender do modelo da saia.

O obradoiro ten como obxectivo a confección da saia paso a paso seguindo o xeito das prendas antigas. Contaremos con material gráfico no que poderemos ollar diversas prendas de diferentes feituras e tecidos.

Non é preciso ter moitos coñecementos de costura para asistir ao obradoiro.

O cursiño será de 10 horas repartidas en 4 clases de 2 horas 30 minutos, os sábados pola tarde de 16.30 a 19.00, os días 4, 11, 18 e 25 de marzo.

Prezo 50 euros socios e 60 euros non socios.

Prazas limitadas ata un máximo de 12 persoas.