Obradoiro para a confección do Dengue

O Fiadeiro, R/Xesús Fernández, 3, baixo, Vigo

Data e hora

2018-04-14 a las 16:30 h.

Comeza no Fiadeiro un novo obradoiro onde poderedes aprender a confeccionar o voso propio DENGUE, dirixido pola Directora de Vestiario e Mestra de Costura de O Fiadeiro, Begoña Martínez.

O obradoiro terá unha duración de catro xornadas os sábados 14 e 21 de abril e 5 e 12 de maio, en horario de tarde, de 16:30 a 19:00 horas, no noso local na rúa Xesús Fernández, 3, baixo, Vigo. Os prezos son 55 euros para os socios e 65 euros para non socios. Apuntádevos xa que as prazas son limitadas!