OFERTAS DE EMPREGO DOS NOVOS POSTOS A CREAR AO ABEIRO DO PLAN MUNICIPAL DE EMPREGO 2017

O Fiadeiro

Data e hora

2017-01-07 a las h.

A Asociación Folclórica O Fiadeiro ofrece a posibilidade de optar a presentarse para cubrir os postos de traballo temporal que se relacionan a continuación, cunha duración mínima de 6 meses, e máxima ata fin de obra ou servizo :

TÉCNICO AUXILIAR ADMINISTRATIVO ( 1 POSTO )

Titulación : Non requerida pero valorable.
Tarefas a desenvolver e coñecementos requeridos: Tarefas de administración, atención ao público e atención teléfonica. Manexo en ferramentas ofimáticas, coñecemento do funcionamento de asociacións ou outras entidades sen ánimo de lucro.

MONITOR PANDEIRETA E CANTO POPULAR ( 1 POSTO)

Titulación : Non requerida
Tarefas a desenvolver e coñecementos requeridos: Docente de pandeireta e canto popular para nen@s e adultos, asumindo a dirección da agrupación principal en esta disciplina. Coñecemento da cultura e folclore tradicional e demostrable na área a impartir.

MONITOR BAILE MODERNO ( 1 POSTO )

Titulación : Non requerida
Tarefas a desenvolver e coñecementos requeridos : Docente de baile moderno para ne@s e adultos. Coñecemento da cultura e historia do baile en todas as súas disciplinas e demostrable na área a impartir.

REQUERIMENTOS COMÚNS PARA TOD@S OS POSTOS OFERTADOS:

  • Que estean empadroados no Concello de Vigo
  • Que teñan experiencia no posto na entidade con anterioridade
  • Que sexan soci@s da entidade
  • Que estea en situación de desemprego

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Soamente se valorarán curriculums, achegados vía correo eléctrónico a seguinte dirección, teso.ofiadeiro@gmail.com

PRAZO LÍMITE : 7 DE XANEIRO DE 2017.
A XUNTA DIRECTIVA.