Presentación do Libro-CD “Maruxa das Cortellas, Tocadora do Pandeiro…” de Xulia Feixoo no Fiadeiro

A.C.F. O Fiadeiro, Vigo

Data e hora

2018-03-16 a las 20:00 h.

Maruxa das Cortellas

Tocadora do Pandeiro…

Falar de Maruxa das Cortellas é falar dunha das grandes tocadoras de pandeiro do país. Maruxa foi a única muller da súa xeración que tivo interese en aprender a tocar o pandeiro ao xeito das antigas da aldea.

A súa figura foi clave na recuperación dos estilos interpretativos arcaicos. A raíz das súas aparicións no Luar a finais da década dos noventa e da súa participación asidua nos seráns urbáns, xurdíu un grande interese no seu xeito de tocar o pandeiro.

É indiscutible que a música vocal de tradición oral de Galiza se escribe en feminino. As investigadoras, as divulgadoras, as artistas debemos comprometernos para xerar espazos dende os nosos ámbitos profesionais nos que visibilizar esta realidade. Para que a sociedade sexa consciente da importancia que teñen estas mulleres dentro da nosa historia precisamos crear iconas, figuras de referencia coas que pórlle nome propio​ ​á​ ​tradición.​ ​Maruxa​ ​ten​ ​que​ ​ser​ ​un​ ​destes​ ​nomes.

Xulia Feixoo

Estracto dunha entrevista á autora.

Maruxa das Cortellas foi unha tocadora esencial, das últimas portadoras da viva tradición de tocar o pandeiro cadrado na zona de Pontevedra, dotada dunha voz e un repertorio excepcionais. Con esta monografía, aCentral Folque quixo recoller a primeira publicación sobre o pandeiro que se publica en galego.

Existe na provincia de Pontevedra un conxunto minoritario de cantantes que teñen como denominador común o acompañamento rítmico do pandeiro cadrado, tocado fundamentalmente por mans femininas.

Até o primeiro terzo do século XX este repertorio acompañou so seu rouco son moitas das prácticas rituais da sociedade preindustrial galega.

Ao mesmo tempo, a suá presencia foi habitual nos seráns como instrumento acompañante das cantigas bailabeis. Desta forma, as tocadoras conservan na súa memoria bo número de xotas, ribeiranas, valses, pasodobres, mazurcas e rumbas.

É indiscutíbel que a música vocal de tradición oral da Galiza se escribe en feminino. Maruxa é un deses nomes que sobresaen do anonimato colectivo.