Romaría de Santa Margarida, A Coruña

Parque de Santa Margarida, A Coruña

Data e hora

2016-08-28 a las 20:00 h.

A Romaría de Santa Margarida que se celebra os próximos 27 e 28, repite un ano máis como colofón ás Festas de María Pita de A Coruña, este ano esténdese por toda a cidade.

Deste xeito, dende ás 11 da mañá do día 27, haberá diferentes actuacións e obradoiros de baile, regueifas e instrumentos nas prazas de Vigo, Pontevedra e Lugo. Tamén haberá concertos obradoiros e música na Praza de Méndez Núñez e no Parque de Santa Margarida a partir das 20:00 horas tanto o sábado como o domingo:

  • Sábado 27 de Agosto: Pesdelán, Tiruleque, Xosé Lois Romero & Aliboria y Os d’abaixo.
  • Domingo 28 de Agosto: Xacarandaina, Vieux Farka Touré y Treixadura.

A verbena vestirase de dengues e enaguas e non faltarán postos de comidas para despedir as festas entre rosquillas e palmeiras de cores porque a media noite haberá unha tirada de fogos de artificio.

Aviso: a organización comunicounos que se xuntamos un número suficiente de persoas nos poñen para ir un autobús dende Vigo. Interesados enviade correo electrónico a ofiadeiro@ofiadeiro.com