Serán 2017

AVCD Santa Mariña de Cabral, Av. Sta. Mariña, 95, 36318 Vigo, Pontevedra

Data e hora

2017-07-01 a las Festa de Fin de Curso das Escolas de O Fiadeiro: 18:00. Desfile: 20:00. Serán: 21:30 ata que o corpo aguante h.

O Fiadeiro despide o curso cunha tarde de espectáculos e noite de festa tradicional

O sábado 1 de Xullo os alumnos e alumnas da Escola da A.C.F. O Fiadeiro darán mostra de todo o aprendido durante o curso, será ás 18 horas no salón de actos da A.V. Santa Mariña de Cabral (avda. Sta. Mariña nº 95). Durante as horas que durará o acto actuarán os diferentes grupos da escola de baile moderno, baile tradicional, canto e pandeireta, gaita e percusión entre outros.

Unha vez rematadas as actuacións, a partir das 20:00 horas, faremos un pequeno desfile coas prendas feitas polos alumnos de costura durante o curso, así como mostraremos algunha peza de roupa antiga.

Ás 21.30 horas comezará a festa serán con música e baile tradicional durante toda a noite, que contará coa participación de agrupacións musicais da comarca convidadas ao evento e doutras moitas que se achegarán para participar de xeito espontáneo tal e como rexe na celebración dos seráns.

A A.C.F. O Fiadeiro convida a toda a cidadanía a achegarse na tarde noite do 1 de Xullo á asociación veciñal de Cabral e vibrar coas actuacións dos alumnos da escola e divertirse ao xeito tradicional da festa serán. A entrada é gratuíta e haberá bebida e comida a prezos populares. Chegada a certa hora da noite tamén haberá chocolate para todos os asistentes.

Novo curso

A elevada demanda dos cursos durante todo o ano ten animado á asociación a iniciar xa a reserva das matrículas para o próximo curso no que se impartirán clases de gaita, percusión, acordeón, pandeireta, requinta e habilidades relacionadas coa música e movemento para cativos e moitas actividades mais.

Podedes contactar nos teléfonos 986 253 585 / 629 585 355 ou ben por correo electrónico ofiadeiro@ofiadeiro.com.