Serán do Samain no Calvario

Fronte o Mercado do Calvario, Rúa Urzáiz, Vigo

Data e hora

2017-10-31 a las 19:00 h.

O próximo martes 31 de outubro a partir das 19.00 terá lugar diante do mercado do Calvario o Serán do Samaín.

Abrirán o serán os mais pequenos, cun serán infantil que vos porá os pelos de punta e obradoiros para nenos organizados por Koremi e Troula durante toda a tarde.

A continuación haberá varias agrupacións tocando e cantanto, así que se formas parte dalgunha agrupación de gaitas ou pandeireta non dubides en vir a participar. Atreveste a facelo de zombi ou de pantasma? Este ano contaremos con Tarambainas (que medo!!!), Pandereteiras A Buxaina (no están mortas… están vivas!!!), Sete Cuncas (levan unha chea terrorífica!!) e as agrupacións de O Fiadeiro (chuparánvos o sangue e máis o alento!!!) entre outros.

A festa e un feixe de sustos durará ata ás 23.30, e o noso trato será repartirvos chocolate e rosca a todos os asistentes.

Agradecementos (auuuuu!!!!) ó Concello de Vigo por confiar un ano mais na Asociación O Fiadeiro para organizar o evento.

Vos esperamos para pasar unha tarde/noite TERRORÍFICA!!!!!!!!!