Serán’02 Actuación Orquestra O Fiadeiro

 As bandas de música serán as grandes protagonistas do Serán’02. II Encontro Galego de Cultura Popular: Bandas de Música. O evento, promovido pola Xunta de Galicia para impulsar e pór de relevo a cultura galega de base, volve á Cidade da Cultura de Galicia no vindeiro mes de xuño tras o éxito da súa primeira entrega, que dedicada ao baile e á música tradicional congregou no Gaiás máis de 7000 persoas.

Data e hora

2019-06-29 a las 21:00 h.

🎶 A #OrquestraOFiadeiro estará esta fin de semana no #Serán02 II Encontro galego de cultura popular: Bandas de Música.

Vémonos no #BailedasIrmandadesdaFala, preparade as vosas mellores galas para danzar na praza central do Gaiás.

🎵Participarán ademáis as bandas de Lalín, Valladares, Santa Cruz de Rivadulla e a Lira de Ribadavia, e as Charangas de A. C. XacarandainaCantigas e Agarimos

🏆 Ao longo da noite repartirase premio a parella mellor vestida de época e a parella que amose maior destreza e
habilidade 🏆

🎵Estades preparados para vivir unha fin de semana chea de música e baile? Vémonos na Cidade da Cultura de Galicia !

🎟Entrada de balde
📆Sábado 29 de xuño | 21 horas

 

🌏 Evento: https://www.facebook.com/events/274164763476771/

 

🌏 Máis info: https://www.cidadedacultura.gal/