VIII Aña Urbana en Pontevedra, cas Pandereteiras do Fiadeiro

Casco Vello de Pontevedra

Data e hora

2018-05-19 a las 12:00 h.

Esta fin de semana terá lugar en Pontevedra a VIII Aña Urbana, organizada pola Asociación Cultural Trépia que terá lugar dende mañá, 19 de maio ata o día seguinte, 20 de maio… o que dure o serán, ou o que é o mesmo… o que o corpo aguante. Este ano o programa inclúe:

  • Mostra de artesáns e mostra de oficios tradiconáis na carpa da Aña Urbana que estará situada diante do Concello de Pontevedra.
  • Presentación do Libro-CD “Mulleres de Gargamala” polos seus autores Guillerme Ignacio e Xulia Feixoo.
  • O xa tradicional roteiro: durante todo o dia as asociacións e grupos convidados sairán ás rúas de Pontevedra para amosar os seus traballos de recuperación dos cantares, bailes e outros ritos relacionados co ciclo das labradas e a propia aña, así como algunha que outra proposta de reinvención e actualización. O roteiro comezará às 12:00h. seguindo o seguinte itinerário: Peregrina (12:05h.), Ferraría (12:20h.), Curros Enríquez (12:40h.), Abastos (13:00h.), Leña (13:20h.), Concello (13:40h.).
  • Os Obradoiros Abertos: ás 18:30h, obradoiros abertos de iniciación ao baile tradicional e aos toques do leghón na carpa da Aña Urbana.
  • Actuacións Musicais e de Baile Tradicional: na própia carpa e pola mañá nas ruas e prazas do casco histórico de Pontevedra. Ademais, a partires das 19:30h., actuacións dos grupos convidados e dos grupos da A.C. Trépia. Como feche da edición, convoca-se unha vez máis o SERÁN da Aña Urbana, onde tod@s estades convidad@s a participar.

Este ano, as Pandereteiras O Fiadeiro foron convidadas a participar na Aña como grupo convidado nos concertos que se celebrarán na carpa a partires das 19:30, este sábado 19, así que non o dubidedes, achegádevos mañá a Pontevedra. Esperámosvos!