XI Seran da Colleita

Torreiro da Igrexa de San Tomé Parderrubias (Salceda de Caselas) e Centro Cultural e Social de Parderrubias

Data e hora

2016-10-01 a las 21:30 h.

A Asociación de Veciños, Agrícola e Cultural San Tomé de Parderrubias convida a grupos e solistas a achegarse a esta parroquia de Salceda de Caselas a participar na XIª edición do Serán da Colleita, unha actividade festiva e tradicional na que música e canto, gastronomía e exposición de produtos tradicionais, comparten espazos, tempo de lecer e festa, no Torreiro da Igrexa e o Centro Cultural e Social desta parroquia salcedense.