XXXI Homenaxe ao Gaiteiro

Teatro Afundación, Policarpo Sanz ,13 36202, Vigo

Data e hora

2019-03-16 a las 20:00 h.

Desde o Grupo Etnográfico ‘A Buxaina’, en colaboración co Centro Cultural e Recreativo de Coruxo (CRACC), presentan un ano máis a ‘Homenaxe ao Gaiteiro’, que acada xa a súa XXXI edición.

O obxectivo desde encontro é poñer en valor aquelas persoas que, de xeito altruísta, souberon conservar e transmitir a sabedoría do noso baile e música tradicionais.

Desta volta os homenaxeados serán, por unha banda Palmira Garrido Almuíña (1938), pandeireteira de Lira , Salvaterra e pola outra Jesús Sousa Matos (1948) e Manuel Sousa Matos (1944), bombeiro e tamborileiro dos Terribles de Donas.

Ademais desta homenaxe, poderemos gozar coas actuacións dos grupos As Cantigas de Elena, proxecto que recompila melodías recollidas a Elena Alonso Pino (Toutón, 1 de xullo de 1928) por parte de María Vidal, Pichi Abollado e o seu neto, Pipo Alvariño; Pepe Vaamonde Grupo, banda de folc galego con máis de trece anos de vida e 200 concertos nos escenarios máis representativos de este estilo musical e O Fiadeiro, agrupación de baile e música tradicional con máis de 20 anos de experiencia.

O acto celebrarase no teatro AFundación. As invitacións poderán recollerse no CRACC de Coruxo a partir do día 4 de marzo para os socios do centro, cunha entrada-donativo de 3 euros, e do día 9 para os non socios, cunha entrada donativo de 5 euros.

As entradas poderán recollerse en horario de luns a venres de 20:00 a 22:00 horas e de 12:00 a 14:00 horas os sábados e domingos. Tamén poderán conseguirse á entrada do teatro media hora antes do acto.

Este ano volven contar cun autobús de Vitrasa que sairá da rotonda da Xurela ás 18:45 horas cara ao teatro e regresará a Coruxo ás 22:30 horas. Deste xeito, a veciñanza de Coruxo contará cun servizo de transporte directo e gratuíto de ida e volta.