BASES PARA A MATRICULACIÓN NOS CURSOS DA ESCOLA

CONDICIÓNS ECONÓMICAS

- FACERSE SOCIO:

  • Cota de socio: 3,00 euros o mes que se pagarán de forma trimestral (9,00), semestral (18,00) ou anual (36,00) a elexir según conveña.
  • Matrícula: 10,00 euros, quedarán exentos da mesma aqueles alumnos que cursaron o ano anterior e non se deron de baixa como socios e alumnos en todo o ano.
  • Cota mensual por asistencia a unha actividade. Os prezos das actividades aparecen mais abaixo no recadro.

- DESCONTOS:

  • Por anotarse nunha segunda actividade ou sucesivas se realizará un desconto de 5,00 euros.

- DESCONTOS PARA UNIDADES FAMILIARES CON MAIS DE 1 FILLO MENOR DE IDADE:

  • No itinerario libre se descontará 3,00 euros por neno e actividade.
  • No itinerario "O Fiadeiro" os prezos en iniciación serán de 30,00 euros por neno e no de perfeccionamento 43,00 euros por neno.

ABONO DAS COTAS:

 As cotas mensuais pagaranse a inicio de cada mes a través do seu banco sen cargo adicional por gastos de domiciliación.

FORMA DE MATRICULACIÓN: No local social os luns, martes, xoves e venres de 10.30h a 13.30h e de 17.00 a 21.00, mércores de 17.00 a 21.00, vía internet ou vía telefónica.

NOTA:

  1. No caso de desexar darse de baixa dalgunha actividade antes de rematar o curso, deberá comunicalo cun mes de anticipación, de non facelo así estará obrigado a abonar a cota do mes seguinte ó da baixa, aínda que non asista á actividade.
  2. Darse de baixa como alumno non implica a baixa de socio, para darse de baixa de socio tamén terá que especificalo.
  3. Non serán aceptadas baixas intermitentes. Se o/a alumno/a falta a algunha clase será baixo a sua responsabilidade. Do mesmo xeito, de non asistir en periodos superiores, estes deberán de ser abonados igualmente para conservar a praza e o dereito de reincorporación posterior dentro do ano escolar.
  4. As actividades comezarán en outubro e rematarán en xuño.
  5. As clases cubriranse por rigurosa orde de inscrición.

 

Actividade

Duración (clase)

Prezo (mes)

Monitor

 Música e movemento

 60 min

20,00

Carmen Pérez

Violín folk

 60 min

20,00

Harry Price

Requinta

60 min

20,00

Roi Quián

 Baile tradicional

60 min

20,00

Carmen Pérez

Javier Feijoó (Chisco)

Xandre Martínez

Zanfona

60 min

20,00

Paulo González

Gaita

60 min

20,00

Alberto Miranda

Diego Mariño

Rafa Crespo

Acordeón

60 min

20,00

Alberto Álvarez

Percusión tradicional (tamboril e bombo)

60 min

20,00

Anxo Pardo

Berto Costas

Canto tradicional e pandeireta

60 min

20,00

Belén Tievo

Carlos Álvarez

Itziar Solar

Xela Conde

Linguaxe musical

60 min

20,00

Alberto Miranda

Diego Mariño

Rafa Crespo

Guitarra

60 min

20,00

Doris Estévez Liliana Carro

Ritmos latinos

60 min

20,00

Chaly

Danzas do mundo

60 min

20,00

Sira Pereira

Confección de costura tradicional e pasamanerías

120 min

30,00

Bego Martínez

Debuxo e pintura

90 min

25,00

Iria Vázquez

Repuxado en coiro

120 min

30,00

Nieves Lago

Manualidades

60 min

20,00

Nieves Lago

Taller de Polifonías

60 min

20,00

Xela Conde

Musicoterapia

60 min

20,00

Xela Conde

 

 

 

 





 

September 2010

Setembro 2010

DLMMXVS
    1
  • Comezo das matriculacións da escola O FiadeiroA partir do 1 de setembro comezaremos coas matriculacións para este próximo curso 2010-2011 Sempre en horario de oficina de luns a venres de 10:30 a 13:00 e de 17.00 a 21.00. Mércores so pola tarde. Un total de 21 actividades para todos os gustos e idades.
2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30  
«« «       » »»






Contador de Visitas
5 5 4 7 2



Localización sede social:
Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro
R/ Xesús Fernández Nº3 - Baixo
36205 Vigo (Pontevedra)
Móbil: 629 585 355
Tlf/Fax: 986 253 585
e-mail: ofiadeiro@ofiadeiro.com