A Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro nace no ano 1996 co propósito de compilar, conservar e transmitir o legado cultural da tradición galega que permaneceu durante moito tempo, e aínda permanece, gardado na memoria dos nosos devanceiros co risco de ser esquecido.

O obxectivo principal da asociación é compilar esta información directamente das fontes, estudiala e arquivala para logo poñela en valor así como transmitila ás novas xeracións.

O labor dentro da asociación está organizado en grupos de traballo que xestionan áreas concretas:

  • Área artística: Composto polo grupo de baile, grupo de música, grupo de pandereteiras e grupo de pandereteiros.
  • Área de recuperación: Formada por dous grupos de traballo, o de recollidas e traballo de campo e o de arquivo e análise.
  • Área de vestiario e material.
  • Área web.
  • Área de escola.

Ademáis das actuacións, clases e espectáculos O Fiadeiro organiza de xeito recurrente unha serie de actividades para difundir a cultura tradicional galega:

  • Gala espectáculo didáctico con música e bailes tradicionais"Esta noite hai unha fía".
  • Xornadas anuais de difusión das actividades que desenvolve a asociación ou xornadas de portas abertas.
  • Serán tradicional e festa fin de curso.

 

September 2010

Setembro 2010

DLMMXVS
    1
  • Comezo das matriculacións da escola O FiadeiroA partir do 1 de setembro comezaremos coas matriculacións para este próximo curso 2010-2011 Sempre en horario de oficina de luns a venres de 10:30 a 13:00 e de 17.00 a 21.00. Mércores so pola tarde. Un total de 21 actividades para todos os gustos e idades.
2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30  
«« «       » »»






Contador de Visitas
5 5 4 8 3



Localización sede social:
Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro
R/ Xesús Fernández Nº3 - Baixo
36205 Vigo (Pontevedra)
Móbil: 629 585 355
Tlf/Fax: 986 253 585
e-mail: ofiadeiro@ofiadeiro.com